James Dewar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1842 Kincardine, Reino Unido (en) |
Morte | 27 de marzo de 1923 (80 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Golders Green Crematorium (en) |
Educación | Universidade de Edimburgo Dollar Academy (en) |
Director de tese | Lyon Playfair, 1.º Barão Playfair (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física e química |
Ocupación | físico, químico, inventor |
Empregador | Universidade de Cambridge |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дьюар Джеймс) Enciclopedia soviética armenia Biblioteca dixital BEIC |
James Dewar nado o 20 de setembro de 1842 en Kincardine-on-Forth (Escocia) e finado o 27 de marzo de 1923) en Londres, foi un físico e químico escocés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o máis novo de seis irmáns e quedou orfo de pai e nai aos 15 anos. Naceu en Kincardine-on-Forth e foi educado en Dollar Academy e na Universidade de Edimburgo, onde se graduó. Posteriormente converteríase en profesor na Universidade de Cambridge en 1875, facéndose membro da Royal Institution en 1877. Desenvolveu a fórmula química do benceno e realizou un extenso traballo no campo da espectroscopia durante máis de 25 anos. En 1891 descubriu o proceso para producir osíxeno líquido en cantidades industriais. Inventou un depósito illante, o vaso Dewar, para estudar os gases a baixas temperaturas. Usou este invento para transportar gases líquidos, como hidróxeno, en 1898. Tamén foi o primeiro en obter hidróxeno sólido En 1905 observou que o carbón frío podía producir baleiro. Esta técnica foi moi útil para a experimentación na física atómica.
Xunto con Sir Frederick Augustus Abel desenvolveu explosivos sen fume, cuxo nome común é cordita.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Meiklejohn, William, "Tulliallan: Four lads o’ pairts: Sir James Dewar (1842-1923)Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". Kincardine Local History Group. (en inglés)
- "Sir James Dewar (1842–1923)". British Broadcasting Corporation, Broadcasting House, Portland Place, Londres. bbc.co.uk. 2004. (en inglés)
- Bellis, Mary, "Inventors Sir James Dewar Arquivado 06 de decembro de 2012 en Archive.is". about.com. (en inglés)