Saltar ao contido

Julio Manuel Cid Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulio Manuel Cid Rodríguez
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Allariz, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCorvillón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1954

Julio Manuel Cid Rodríguez, coñecido como Emilio, nado en Allariz e finado en Lugo o 3 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño de Corvillón (A Merca), posiblemente residía temporalmente en Lugo en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 20 de xullo. Xulgado en consello de guerra o 28 de agosto por tenencia de explosivos,[1] foi condenado a morte por rebelión militar. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 3 de setembro de 1936.

  1. El Pueblo Gallego, 29-8-1936, p. 5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]