Opeth
Opeth | |
---|---|
Orixe | Estocolmo, Suecia |
Período | 1990 - presente |
Xénero(s) | metal progresivo, rock progresivo, death metal progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | Candlelight, Century Black, Peaceville, Music for Nations, Koch, Roadrunner |
Membros | Mikael Åkerfeldt Fredrik Åkesson Martin Mendez Martin "Axe" Axenrot Per Wiberg |
Antigos membros | Kim Pettersson Mattias Ander Andreas Dimeo Nick Döring Stefan Guteklint David Isberg Johan DeFarfalla Anders Nordin Martin Lopez Peter Lindgren |
Na rede | |
http://opeth.com/ | |
Opeth é un grupo de death metal progresivo formado en Suecia no ano 1990 e liderado polo compositor, cantante e guitarrista Mikael Åkerfeldt.
Sendo a súa orixe o death metal sueco, Opeth comezaron dende cedo a experimentar coas súas composicións, incorporando influencias que abranguen dende o jazz ata o rock progresivo e sinfónico clásico, pasando por música folk e mesmo blues.
Dende o seu primeiro contrato discográfico en 1994, Opeth ten lanzado oito álbums, un DVD, unha caixa compilando varios discos, e tres sinxelos. Unha excepción notable na súa discografía vén constituída polo disco Damnation, no que se afastaron momentaneamente do seu son metálico para gravar temas de rock progresivo, cun claro contido acústico.
Historia
[editar | editar a fonte]Os comezos de Opeth (1990-1993)
[editar | editar a fonte]Opeth formouse en Estocolmo, Suecia, en 1990 por David Isberg. Isberg convidou a Mikael Åkerfeldt, quen tiña unha banda chamada Eruption, a unirse ó grupo como baixista, sen contar co resto do grupo, que pronto marcharon. Estando, entón, Isberg coma cantante e Åkerfeldt coma guitarrista, Opeth necesitaba máis músicos. Incorporáronse amigos de toda a vida de Mikael, membros de Eruption, Anders Nordin á batería e Nick Döring ó baixo. Andreas Dimeo entrou despois como segundo guitarra.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Orchid | 1995 | Candlelight Records, Century Black |
Morningrise | 1996 | Candlelight Records, Century Black |
My Arms, Your Hearse | 1998 | Candlelight Records, Century Black |
Still Life | 1999 | Peaceville Records |
Blackwater Park | 2001 | Music for Nations, Koch Records |
Deliverance | 2002 | Music for Nations, Koch Records |
Damnation | 2003 | Koch Records |
Ghost Reveries | 2005 | Roadrunner Records |
Watershed | 2008 | Roadrunner Records |
Heritage | 2011 | Roadrunner Records |
Pale Communion | 2014 | Roadrunner Records |
Sorceress | 2016 | Moderbolaget, Nuclear Blast |
In Cauda Venenum | 2019 | Moderbolaget, Nuclear Blast |