Ouessant
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Defense and Security zone of France (en) | Western defense and security zone (en) | ||||
Rexións | Bretaña | ||||
Departamento | Finistère | ||||
Distritos | arrondissement of Brest (en) | ||||
Cantón | canton of Ouessant (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 838 (2021) (53,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 15,58 km² | ||||
Bañado por | Mar de Iroise (pt) | ||||
Altitude | 30 m-0 m-61 m | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Ushant (en) | Denis Palluel (en) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 29242 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | ouessant.fr |
Ouessant en francés e oficialmente, Eusa en bretón, Ushant en inglés, é unha illa (enez en bretón) e comuna francesa situada a 20 km ao oeste da costa da rexión da Bretaña, que depende administrativamente do departamento de Finistère.
Atópase situada sobre a illa do mesmo nome, a 20 km da costa continental.
Xeneralidades
[editar | editar a fonte]A illa apenas ten 1.000 habitantes, unha superficie de 15´58 km² e unha densidade de 59,8 hab./km². O seu punto máis elevado atópase a 61 m.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É a sétima illa máis grande de Francia. Mide 8 km de longo por 4 km de ancho. É a terra habitada máis occidental de Francia metropolitana.
Ten forma de pinza de caranguexo, pois ao Oeste a illa divídese en dúas puntas: a Punta de Pern e a Punta de Feuntenvelen, ao redor da Baía de Lampaul. Ao Leste o único lugar accesible por mar é a Baía do Stiff.
A illa está separada do Arquipélago de Molène polo Estreito de Fromveur, que presenta rápidas correntes mariñas puediendo chegar ata 10 nós de velocidade e 60 m de profundidade. Está rodeado de varias illas, como o Illote de Keller ao Norte.
Ouessant marca tradicionalmente a entrada Sur do Canle da Mancha.
Historia
[editar | editar a fonte]Separouse do continente ao fin da última era glaciar. Estivo habitada xa desde o ano -1500. Despois a maioría dos homes adoitaban partir co exército ao mar, polo que se chamou "a illa das mulleres". Os seus habitantes case non pagan impostos e recibiron algúns premios pola súa capacidade de socorro aos náufragos.
Atraccións
[editar | editar a fonte]Forma parte do Parque Rexional Natural de Armorique. Presenta gran variedade de paxaros, algúns en perigo de extinción, e unha poboada colonia de coellos. Por mor dos seus ventos non existen bosques sobre a illa.
Existen varios faros sobre a illa: o faro de Stiff; o faro de Créac'h, o máis potente do mundo; os faros da Egua, de Kereón e de Nividic; e a torre de control marítimo da zona, dotada cos últimos avances tecnolóxicos.