Oymyakon
Өймөкөөн (sah) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Rusia | |||
República | República de Sakha | |||
Distrito municipal | Oymyakonsky District (en) | |||
Rural settlement in Russia (en) | Q23898464 | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 560 (2021) | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Río Indigirka | |||
Altitude | 745 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 678752 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 41154 | |||
Identificador OKTMO | 98639405101 | |||
Identificador OKATO | 98239805001 | |||
Oymyakon (ruso: Оймяко́н, iacut: Өймөкөөн, Öymököön) é unha localidade do Leste de Siberia (Rusia), xunto ó Río Indigirka, na República de Sakha, en 2010 tiña 462 habitantes. É coñecida por ter o marca de temperatura máis baixa nunha localidade permanentemente habitada, con -71,2 °C , rexistrado en xaneiro de 1926.
Sitúase a case 800 quilómetros ó leste de Yakutsk, unha das máis importantes cidades de Siberia.
O seu nome en lingua iacut significa «auga líquida» ou «auga que non se conxela», debido ás augas termais próximas ao asentamento.[1] O inverno dura nove meses e é moi duro, os peixes conxelanse en só trinta segundos despois de ser sacados do río e gárdanse nos sotos das casas ao igual que o leite, que xamais é líquido, e a gasolina dos autobuses solidificase se se apaga o motor. Os habitantes aliméntanse de carne de cabalo e reno. O curto período estival permite obter algúns vexetais, ausentes dos hábitos alimentarios durante todo o resto do ano.
A escola pecha cando as temperaturas se sitúan por baixo dos -52 °C. A tinta das estilográficas conxélase habitualmente, e todo o equipamento electrónico presenta un mal comportamento en función das diferentes reaccións de dilatación e contracción dos metais a temperaturas extremadamente baixas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Pina, Gloria (22 de xaneiro de 2017). "Cosas de la vida a -50 ºC en Oymyakon, el pueblo más frío del mundo". Verne (en castelán).