laSexta
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
laSexta | |
---|---|
Inicio das emisións | 27 de marzo de 2006 |
Propiedade de | Atresmedia Televisión |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 6,4% (xuño de 2021, Kantar Media) |
Slogan | Más Periodismo |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Escala nacional |
Sede central | San Sebastián de los Reyes |
Canle/s irmá(s) | Antena 3 Neox Nova Mega Atreseries |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
España TDT | Lista
|
Andorra TDT | 36 |
Satélite | |
Movistar+ | Dial 6 |
Cable | |
Vodafone TV | Dial 6 |
Euskaltel | Dial 6 |
R | Dial 116 |
R | Dial 6 |
Telecable | Dial 6 |
Racctel+ | Dial 6 |
PTV Telecom | Dial 6 |
Cableworld
Alacante (C. Valenciana) |
Dial 6 |
IPTV | |
Movistar+ | Dial 6 |
Orange TV | Dial 6 |
Virgin Telco | Dial 6 |
SomTV | Dial 116 |
Televisión por Internet | |
Atresplayer | Señal en directo |
Fubo TV | |
Na rede
| |
Páxina web de laSexta | |
laSexta é unha canle de televisión xeralista privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel. Comezou as súas emisións en probas o 26 de decembro de 2005, en TDT en toda España e en analóxico en Madrid e Barcelona. As emisións regulares comezaron o 27 de marzo de 2006.
LaSexta é controlada desde os estudos do Grupo Antena 3 en San Sebastián de los Reyes (Madrid). Anteriormente tiña dúas sedes, unha na Cidade da Imaxe en Pozuelo de Alarcón (Madrid), onde se gravaban os informativos, programas e loxística diversa, e a outra no Centro Imagina de Esplugues de Llobregat (Barcelona), onde se xestionaba a súa continuidade e emisión.
O acontecemento que supuxo o lanzamento definitivo de laSexta foi a adquisición dos dereitos de emisión do Mundial de Fútbol de 2006 celebrado en Alemaña, que finalmente tivo que compartir con Cuatro polas críticas sobre a limitada cobertura do seu sinal. O segundo triunfo foi a compra do Mundobasket 2006. Despois uniuse a estes a compra dos dereitos de emisión do partido dos sábados da Liga española de fútbol, se ben manterá un acordo de emisión conxunta deses partidos coas canles autonómicas TV3 e Canal 9. O seu último logro en emisións deportivas foi a compra dos dereitos de emisión do Mundial de Fórmula 1 para o ano 2009.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiro intento (2000)
[editar | editar a fonte]Grupo Árbol (Globomedia) presentouse xunto ó Grupo Correo (actualmente Vocento) ó concurso de dúas licenzas de emisión exclusiva por TDT, sendo tamén os primeiros en emitir en aberto por este estándar que usaba Quiero TV para a súa plataforma de televisión de pago. Xunto a Correo e Arbol participaron no consorcio outros accionistas como TF1 ou Dinamia.
Nun principio as diferentes partes acordaron chamarlle ó consorcio seis.tv, máis tarde, laSexta. Grupo Árbol rexistrou ámbolos dous dominios (lasexta.com, seis.tv) en Internet o 1 de marzo mentres que Grupo Correo accedía a rexistralos dous nomes na Oficina Española de Patentes e Marcas. Cando se presentou oficialmente a proposta ó concurso (2002), debido ó desacordo entre os accionistas optouse finalmente polo uso da marca Net TV.
O Grupo Correo encargouse dende un principio do mantemento desta licenza, pero os gastos e nulos beneficios da canle fixeron que Grupo Árbol, xunto ás demais accionistas, comezaran a desfacerse da súa participación (2003) motivando que Net TV, xunto á outra gañadora do concurso (Veo TV), pediran unha redución de cobertura para así reduci-los gastos de emisión.
Naquel entón o Grupo Correo (Vocento) posuía unha participación do Grupo Árbol bastante importante.
- Xuño de 2005: publícase oficialmente no BOE o Plan Nacional de Televisión Dixital Terrestre, así como o concurso para a concesión dunha nova licenza de emisora de ámbito estatal e xeralista, tanto de emisións dixitais como analóxicas. Preséntanse ó concurso Kiss TV (Blas Herrero) e un consorcio formado por produtoras (GAMP) e Televisa.
- O Grupo Árbol vese obrigada por lei a retirarse do accionariado de Net TV se quere formar do de laSexta. Vocento tamén se desprende da súa participación para non concorrer nun dobre delito, xa que nese momento posuía accións en tres emisoras de televisión, Telecinco, Net TV e a nova licenza.
- Durante o outono, extraoficialmente, dáse por inválida a a oferta de Blas Herrero para a sexta licenza analóxica. Dáse por feito que a licenza vai ser para o consorcio formado por GAMP e Televisa.
- 25 de novembro: adxudícase a laSexta a nova licenza de televisión privada en España. Nese mesmo Consello de Ministros se lle asigna un segundo canal en TDT.
- 30 de novembro: comezan a emitirse as novas canles de TDT, nas frecuencias asignadas a laSexta emítese unha mira de axuste.
- 12 de decembro: comeza a emisión dunha continuidade nas súas canles dixitais. Presentación oficial da TDT en Barajas, onde o consorcio laSexta dáse a coñecer.
- Derradeira semana de novembro: asignación de canles UHF analóxicos. Aprázase o comezo de emisións analóxicas en Barcelona e Madrid.
- Finais de decembro: o Goberno asigna novas frecuencias analóxicas de laSexta en Madrid e Barcelona (canles 63 e 33 de UHF, respectivamente).
- 23 de decembro: a segunda canle do consorcio en TDT, denominado laSexta 2 troca as súas emisións do bucle co seu logotipo por unha mira de axuste. Comezan as emisións analóxicas tanto en Madrid e como en Barcelona.
- 23 de xaneiro: comeza a emisión dun vídeo explicativo sobre "como sintonizar laSexta". Unha mosca é colocada no lado superior dereito da pantalla.
- Finais de xaneiro: a mosca desprázase cara ao lado inferior dereito da pantalla.
- 20 de febreiro: ás 9 da noite comezan as primeiras emisións de programas en probas, na meirande parte documentais ("Champions", "Natura") e programas dedicados ó tuning, "Tuning Manía".
- 21 de febreiro: constitúese a sociedade Publiseis, responsábel da distribución e asignación da publicidade externa da nova emisora. Contrátanse altos cargos de Publiespaña, (a xestora da publicidade de Telecinco), como Giovanni Rier.
- 22 de febreiro: laSexta xa emite en probas máis de 12 horas diarias.
- 28 de febreiro: a mosca provisional substitúese por outra co logotipo corporativo de cor verde e baixo este a palabra "laSexta" en cor branca.
- 2 de marzo: prodúcese a primeira emisión en directo, un partido de fútbol en Basilea entre as seleccións de Croacia e Arxentina.
- 7 de marzo: nunha conferencia dada dentro do Fórum Europa, o conselleiro delegado da canle, José Miguel Contreras fai pública a data definitiva do lanzamento de laSexta, o 27 de marzo.
- 14 de marzo: preséntase no Círculo de Bellas Artes de Madrid a programación da nova emisora, coa asistencia do seu conselleiro delegado, o seu presidente, o seu director xeral e diversos presentadores dos seus programas.
- 24 de marzo: pouco despois do mediodía, laSexta entra no dial 86 da plataforma por satélite de pago española Digital+.
- 27 de marzo: a mosca substitúese de novo por outra totalmente branca. Prodúcese o lanzamento oficial da canle cun programa presentado polo seu presidente, Emilio Aragón, no que anuncia xunto a Florentino Fernández que emitirá o Mundial de Fútbol de 2006.
Primeira Etapa (27 de marzo 2006 - ?)
[editar | editar a fonte]- O mesmo día que comezaron as emisións regulares, tamén comezou unha importante campaña publicitaria para dar a coñecer a canle en diferentes medios, como periódicos gratuítos, emisoras de radio, marquesiñas e valas publicitarias. A campaña é realizada pola axencia Sra. Rushmore.
- 31 de marzo: laSexta contrata á presentadora de La 2 Noticias, Cristina Villanueva.
- 1 de abril: a primeira medición de audiencias reporta un 0.3% do share.
- 8 de maio: o diario deportivo Sport filtra que Mediapro, en nome de laSexta, presentou unha elevada oferta polos dereitos de imaxe do FC Barcelona. Joan Laporta, o presidente do club, non o desmente.
- 11 de maio: o diario El Economista informa que Mediapro tamén presentou ofertas polos dereitos de imaxe doutros tres clubs, ó Ahletic de Bilbao, ó Real Zaragoza e ó Racing de Santander. Dende o diario asegúrase que estes movementos poden deberse á intención dos accionistas de laSexta de formar parte do accionariado de Audiovisual Sport, para así poder emiti-los partidos da Liga Española no seu canle.
- Despois do anuncio da compra dos dereitos de imaxe dos diferentes clubs, Sogecable e o Grupo Prisa caen en picado no IBEX 35 da Bolsa de Madrid. Ata esa data, as relacións entre laSexta e Sogecable eran cordiais, como amosou a reventa de parte dos partidos de España do Mundial de 2006.
- O Grupo Drive (José Manuel Lorenzo), que posuía parte do accionariado orixinal de GAMP nun 10%, abandonao alegando a súa"imposibilidade de conxuga-lo proxecto da canle de televisión cos outros plans de produción nacional e internacional nos que está inmerso". O 10% é asumido pola caixa de aforros BBK. Pouco despois, Contreras informa de que tamén existen negociacións con Blas Herrero, propietario de Radio Blanca (Kiss FM).
- 21 de agosto: Mediapro anuncia que laSexta emitirá tódolos sábados durante tres anos un partido en aberto da Primeira División, compartindoo con TV3 e Canal 9.
- 9 de setembro: Dende esta data, e por primeira vez nunha televisión estatal, os partidos de fútbol de liga son emitidos nos catro idiomas oficiais do Estado ó mesmo tempo, grazas ás posibilidades técnicas da TDT. En concreto, o primeiro partido foi o Atlético de Madrid - Valencia CF, correspondente á segunda xornada.
- 11 de setembro: comezan os informativos da canle, baixo o nome de laSexta|Noticias.
Equipo humano da emisora
[editar | editar a fonte]Equipo diretivo
[editar | editar a fonte]- Presidente: Emilio Aragón
- Conselleiro Delegado: José Miguel Contreras
- Director Xeral: Juan Ruiz de Gauna
- Director Financeiro: Rafael Carabias Príncipe
- Director de Recursos e Operacións: Fernando de Miguel
- Directora de Comunicación e Relacións Externas: Teresa Pérez Alfageme
- Directora de Programas: Esperanza Martín Juárez
- Director de Recursos Humanos: Francisco Javier Mateos
- Director de Compras de Produción Allea: Sergio Ramos
- Responsábel de Ficheiro: Oriol Bosch
- Responsábel de Ficción: Olga Salvador
- Xefe de Rede: Luis Miguel Torres Fernambuco
- Xefe Técnico: Luís Díez
- Responsábel de Antenización: Germán Donoso
- Responsábel de Produción Propia: Pablo Guerenabarrena
- Responsábel de Servizos: Generales Joan Salarich
- Responsábel de Continuidade: Josep Antonio Serrano
Fichaxes recoñecidas por laSexta
[editar | editar a fonte]- Cristina Villanueva
- Helena Resano
- Mamen Mendizábal
- Gran Wyoming
- Florentino Fernández
- Juan Ramón Lucas
- Olga Viza
- Agustín Jiménez
- Patricia Conde
- Michelle Jenner
- Josep Tomás
- Javier Cansado
- Juan Luis Galiardo
- Jimmy Barnatán
- Pilar Rubio
- Micky Nadal
- Javivi
- Eva Arguiñano
- Ruth Jiménez
- Pocholo Martínez-Bordiú
- Andrés Montes
- Cristina Saavedra
Programación de inicio
[editar | editar a fonte]Programas de produción propia
[editar | editar a fonte]- laSexta|Noticias: informativos presentados por Helena Resano (14:00), Mamen Mendizábal (20:00) e Cristina Villanueva (fin de semana).
- No sabe, no contesta: presentado por Micky Nadal.
- El Intermedio: espazo de humor presentado por El Gran Wyoming coa colaboración de Yolanda Ramos, Cristina Peña, Thais Villa e Beatriz Montañez.
- Habitación 623: espazo de entrevistas presentado por Olga Viza.
- Los irrepetibles de Amstel: presentado por Emilio Aragón, buscará ó mellor improvisador entre os humoristas españois.
- Brigada Policial: presentado por Juan Ramón Lucas, introducirase no mundo do investigador a través dos crimes máis importantes da historia española.
- Sé lo que hicisteis la última semana: presentado por Patricia Conde e Pilar Rubio, tratará do mundo rosa, sen deixar de lado ó humor e á sátira.
- Planeta Finito: un grupo de imitadores españois recorrerá diversas cidades do mundo.
- El analista catódico: presentado por Agustín Jiménez, analizará en clave de humor o comportamento do ser humano a través de vídeos domésticos.
- Mangápolis: producido por Drive e Selecta Vision, tratará exclusivamente do anime xaponés.
- La Actualidad en 2D: programa de debates conducido por Helena Resano.
- MP 6: espazo de novas tecnoloxías e tendencias orientadas cara aos mozos.
- Hoy cocinas tú: presentado por Eva Arguiñano, cada día un invitado recibirá consello da famosa cociñeira para preparar un prato para alguén especial.
- Ticket: tendencias, lecer e cultura sumaranse neste espazo presentado por Ruth Jiménez.
- Pocholo Ibiza '06: unha cámara acompañará a Pocholo as 24 horas do día para mostrarnos as súas tarefas cotiás.
- Bichos y Cía: Michelle Jenner presenta un programa que relata o mundo animal dende un punto de vista irónico a través de vídeos domésticos.
- A pelo: Joaquín Reyes e Raúl Cimas séntanse nun sofá e comezan os seus debates a base de monólogos.
- Elegidos: programa presentado por Juan Ramón Lucas.
Series de produción propia
[editar | editar a fonte]Series de produción externa
[editar | editar a fonte]- My Name Is Earl
- Todo el mundo quiere a Raymond (Everybody loves Raymond)
- El mundo según Jim
- El Rey de Queens (King of Queens)
- Cómo conocí a tu madre (How I met your mother)
- NCIS
- Turno de guardia
- Señora Presidenta (Commander in chief)
- Ley y orden (Law and Order)
- Los Soprano
- The Office
- Out of practice
- El show de Larry David (Curb your enthusiasm)
- Entourage
- Padre de familia (Family Guy)
- Serial Experiments Lain
- Prison Break
Audiencias
[editar | editar a fonte]laSexta bateu a súa marca de audiencia ó obter 3 657 000 televidentes durante a final do Campionato mundial de baloncesto de 2006 entre España e Grecia (3 de setembro de 2006), o que significa que o 47,6% da audiencia sintonizou laSexta.
A audiencia media diaria co Mundial de Fútbol de 2006 foi dun 7% aproximadamente, co de baloncesto un 3,5%, e sen ningún dos mundiais é dun 1.8%. O seu récord diario de share foi coa emisión do partido de fútbol Brasil - Francia, obtendo un 9,6%. O seu récord mensual é dun 5,1%, unha cifra que levou a mínimos históricos de audiencia a TVE, a Antena 3 dende 1993, e á FORTA.
Evolución
[editar | editar a fonte]Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaboradas en España por TNS Sofres.
Ano | Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006 | - | - | - | 0,2%** | 0,6% | 5,1% | 2,2% | 2,4% | 2,7% | 2,5% | 2,8% | 3,2% | 2,2% |
2007 | 3,0% | 3,2% | 3,5% | 3,3% | 3,5% | 3,7% | 3,5% | 3,7% | 5,5% | 4,5% | 4,9% | 5,1% | 4,0% |
2008 | 4,9% | 5,2% | 5,2% | 5,2% | 5,4% | 5,0% | 5,2% | 5,4% | 6,0% | 6,2% | 6,4% | 6,3% | 5,5% |
2009 | 6,5% | 6,7% | 6,7% | 7,7% | 7,3% | 6,7% | 6,8% | 6,9% | 7,3% | 6,8% | 6,5% | 6,4% | 6,9% |
2010 | 6,1% | 6,2% | 7,1% | 7,5% | 7,7%* | 6,5% | 5,8% | 6,5% | 7,0% | 6,5% | 6,8% | 5,6% | 6,8% |
2011 | 6,3% | 6,3% | 6,0% | 6,2% | 6,0% | 5,5% |
* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.