Saltar ao contido

Lea, Pol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lea
Igrexa parroquial
ConcelloPol[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°06′48″N 7°23′39″O / 43.1134, -7.3943
Área4,4 km²
Poboación53 hab. (2020)
Densidade12,05 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

San Bartolomeu de Lea é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 41 habitantes (19 homes e 22 mulleres), 3 menos ca en 1999.

Anexo da parroquia de Santiago de Viladonga (Castro de Rei), arciprestado de Azúmara e diocese de Mondoñedo-Ferrol. Limita ao norte con Arcos de Frades, ao sur con Suegos, ao leste con Cirio, e ao oeste, con Fraialde e Viladonga.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Bartolomeu de Lea é unha obra de nave rectangular, cuberta de madeira a dous vertentes, do primeiro terzo do século XIX. Fachada de liñas austeras e campanil dun só van, último cuarto do século XVIII. Arco triunfal con imposta sinxela. Presbiterio cuadrangular, máis alto, con bóveda de pedra e arranque pouco saínte, con arcos de descarga sobre os muros. Sancristía na cabeceira, de menores proporcións que a capela maior, a tres vertentes, dos primeiros anos do XIX. Muros de xisto, pavimento de lastra, granito nos esquinais e tellado de xisto. O retablo maior, neoclásico, realizado polo escultor Francisco Somoza, veciño de Abres, en 1805, con altorrelevos de San Blas e Santo Agostiño. Tamén fixo o relevo de San Ramón, que non se conserva. Escultura de San Bartolomeu (titular), da época. Retablo dereito, seudogótico, moderno, con escultura de San Bartolomeu, século XVIII.

Casa de Teixeiro, chamada tamén do Avogado, situada detrás da igrexa. Ten un corredor, con escaleiras exteriores sobre piares de pedra. A inscrición do piar central di que a fixo Juan Teixeiro e a súa muller dona Rosa Mon. No piar da esquerda, está gravado o ano 1742. Ten ademais, dous escudos na fachada. Un, cunha árbore e unha aguia coroada e o outro, de labra máis fina, ademais dos motivos do anterior, presenta catro estrelas sobre o plano refundido e a M dos Montenegro coa O na parte superior.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Lea

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Lea no concello de Pol (Lugo)

O Curro | O Regueiral | A Veiga de Lea


Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias de Pol

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pol

Arcos de Frades (Santiago) | Caraño (San Martiño) | Carazo (San Pedro) | Cirio (Santa María) | Ferreiros (Santo André) | Fraialde (Santa María) | Gondel (San Cosme) | Hermunde (San Pedro) | Lea (San Bartolomeu) | Luaces (Santa María) | Milleirós (Santiago) | Mosteiro (San Salvador) | Pol (Santo Estevo) | San Martín de Lúa (San Martín) | San Martiño de Ferreiros (San Martiño) | Silva (Santiago) | Suegos (Santa Eulalia) | Torneiros (San Lourenzo) | Valonga (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]