Lisa Fonssagrives
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Lisa Birgitta Bernstone 17 de maio de 1911 Gotemburgo e Bohuslän, Suecia (pt) |
Morte | 4 de febreiro de 1992 (80 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Altura | 170 cm |
Cor dos ollos | Castanho escuro (pt) |
Actividade | |
Ocupación | modelo, bailarina, deseñador de moda, artista |
Familia | |
Cónxuxe | Irving Penn (1950–1992) Fernand Fonssagrives (1935–1950) |
Fillos | Mia Fonssagrives-Solow () Fernand Fonssagrives |
Descrito pola fonte | Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) |
Lisa Birgitta Bernstone,[1] nada no condado de Västra Götaland o 17 de maio de 1911 e finada en Nova York o 4 de febreiro de 1992, foi unha modelo sueca coñecida como Lisa Fonssagrives, considerada unha das primeiras supermodelos da historia.[2][3][4][5][6][7][8][9]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lisa Fonssagrives naceu en Suecia en 1911, en Göteborg[1] ou Uddevalla[10] e creceu en Uddevalla.[1] De nena, aprendeu pintura, escultura e danza. Pasou á escola de Mary Wigman en Berlín, onde estudou arte e danza. Tras volver a Suecia, abriu unha escola de baile.[11] Mudouse de Suecia a París para adestrarse en ballet tras participar coa coreógrafa Astrid Malmborg nunha competición internacional e traballou como profesora privada de danza con Fernand Fonssagrives,[11] o que a levou a facer unha carreira como modelo.[10] Posteriormente dixo que ser modelo era "continuar a bailar".[12] Mentres estaba en París en 1916, o fotógrafo Willy Maywald descubriuna nun ascensor e propúxolle que fose modelo de sombreiros para el.[11] As fotografías foron enviadas á revista Vogue, e o seu fotógrafo Horst realizou probas fotográficas dela.[2][11] En xullo de 1939, apareceu na revista semanal alemá Der Stern. Antes de que Fonssagrives marchase aos Estados Unidos en 1939 xa era unha top model.[13] A súa imaxe aparecu na portada de moitas revistas nas décadas de 1930, 1940 e 1950,[3][12] incluídas Town & Country, Life, Time, Vogue e Vanity Fair. Díxose dela que era "a mellor pagada, a máis eloxiada e a mellor modelo do negocio".[3][14][15] Fonssagrives describiuse a ela mesma como unha "boa percha para a roupa".[2]
Traballou con fotógrafos de moda como George Hoyningen-Huene, Man Ray, Horst, Erwin Blumenfeld, George Platt Lynes, Richard Avedon e Edgar de Evia. Casou co fotógrafo parisiense Fernand Fonssagrives en 1935; divorciáronse en 1949[16] e casou con outros fotógrafo, Irving Penn, en 1950. Converteuse en escultora na década de 1960 e exhibiu a súa obra na Marlborough Gallery de Manhattan.[10]
Fonssagrives faleceu aos 80 anos en Nova York, sobrevivida polo seu segundo marido e os seus dous fillos, a súa filla Mia Fonssagrives-Solow (deseñadora de moda e xoias e escultora casada co investidor inmobiliario e coleccionista de arte Sheldon Solow) e o seu fillo, Tom Penn (deseñador).[10]
A poxa da colección de fotografías de Elton John que tivo lugar en Christie's o 15 de outubro de 2004 vendeu unha foto tomada por Irving Penn da súa esposa en 1950 por 57 360 dólares.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lisa Fonssagrives-Penn; Nicholas Callaway; Alexander Liberman; Alexandra Arrowsmith (1994). Lisa Fonssagrives-Penn: sculpture, prints and drawings.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ranck, Rosemary (9 de febreiro de 1997). "The First Supermodel". The New York Times. Consultado o 24 de setembro de 2006.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Wyllie, Alice (2008-01-10). "An enduring model". The Scotsman (Edimburgo).
- ↑ Brubach, Holly (1998-02-08). "Style; A State of Grace". The New York Times.
...Lisa Fonssagrives, who in retrospect surely qualifies as the first supermodel.
- ↑ "Christian Dior: Lisa Fonssagrives lives". China Daily. 2008-07-01.
Generally credited with being the first ever supermodel, Fonssagrives'...
- ↑ Alexander, Hilary (2008-06-30). "The thigh’s the limit at Christian Dior". Telegraph (London). Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2009. Consultado o 15 de agosto de 2020.
the iconic first super-model, Lisa Fonssagrives
- ↑ Johnson, Geoffrey (marzo de 2010). "On the life and work of photographer Beatrice Tonnesen". Chicago Magazine.
...1949, Lisa Fonssagrives, recognized today as the original supermodel
- ↑ Cheesman, Chris (2007-10-19). "Pictures: Original stills from JFK assassination revealed". Amateur Photographer. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 15 de agosto de 2020.
...Lisa Fonssagrives-Penn, described as the 'world's first supermodel'
- ↑ Singh, Anita (2008-11-13). "Photographs of Angelina Jolie, Kate Moss and Britney Spears for sale at Christie's". Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2010. Consultado o 15 de agosto de 2020.
She has been described as the original supermodel, gracing the pages of Vogue in the 1940s and 1950s
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Anne-Marie Schiro (6 de febreiro de 1992). "Lisa Fonssagrives-Penn, 80, Artist Who Gave Up Career as a Model". The New York Times. Consultado o 6 de marzo de 2008.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Seidner, David (Spring 1985). "Lisa Fonssagrives-Penn". Bomb Magazine. Arquivado dende o orixinal o 2013-04-16.
- ↑ 12,0 12,1 Renn, Crystal & Ingall, Marjorie. Hungry: A Young Model's Story of Appetite, Ambition and the Ultimate Embrace. ISBN 1-4391-0123-X.
- ↑ "Noted Model Designs Late Late Wear". Life. 1957-11-18.
- ↑ "ADVERTISING: Billion-Dollar Baby". Time. 1949-09-19. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2020.
- ↑ Robertson, Nan (1956-05-25). "Model Life: Mannequin Turns Fashion Creator; Lisa Fonssagrives Uses Tricks She Learned On Runway to Develop Convertible Styles(subscription required)".
- ↑ Lisa Fonssagrives-Penn: Sculpture, Prints and Drawings, Lisa Fonssagrives-Penn Trust, 1994. p. 19.
- ↑ Elton John photo collection nets $900,000 USA Today 15 de outubro de 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lisa Fonssagrives |
A Galipedia ten un portal sobre: Suecia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fonssagrives, Fernand; Muir, Robin, Fernand Fonssagrives; An Eye for Beauty, Londres: Guiding Light, 2003.
- Lisa Fonssagrives-Penn: Bronzes (exhibition catalogue), Nova York: Marlborough Gallery, Inc., 1983.
- Lisa Fonssagrives-Penn: Sculpture, Prints and Drawings, Lisa Fonssagrives-Penn Trust, 1994.
- Gross, Michael: Model: The Ugly Business of Beautiful Women, Nova York: W. Morrow, 1995, ISBN 0-688-12659-6
- Seidner, David (ed): Lisa Fonssagrives: Three Decades of Classic Fashion Photography, Nova York: Vendome Press, 1996, ISBN 0-86565-978-8
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Internet Fashion Database
- Lisa Fonssagrives-Penn, a Multi Talent, bio and photo gallery
- Fotografías de Fernand e Lisa Fonssagrives no Museo da cidade de Nova York
- Mia Fonssagrives-Solow