Saltar ao contido

Modon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do castelo de Methoni.

Modon é o nome dado polos francos á cidade grega do Peloponeso chamada hoxe en día Methóni.

Modon estaba situada na ruta cara aos mercados do leste, e dende o século XII os Venecianos estaban interesados neles. En 1125, mandan un ataque contra uns piratas que capturaran unhas mercadorías venecianas e, de paso, instálanse en Modon.

Entón os venecianos fortalecen Modon, que pasa a ser un importante centro comercial coñecendo unha grande prosperidade, e denominándose xunto a Coron os ollos da Venecia. A vila pasa a ser etapa para os viaxeiros que ían de Venicia a Terra Santa. Os turcos desaxaron así toma-la vila e, no curso dos anos 1490, o sultán Bayezid II reuniu as súas tropas para o ataque. Non foi doado a súa toma, e malia asediala duramente, os defensores abandonan as murallas, temerosos de que chegasen reforzos. Os xanízaros aproveitan esta vantaxe e derruban a fortaleza e despois os pazos do gobernador. Modon cae o 9 de agosto de 1500, despois de pertencer aos venecianos ao redor de trescentos anos. A cidade foi incendiada, o bispo asasinado, os homes decapitados, e as mulleres e os nenos vendidos para escravitude. Os muros son reparados e dá comezo o primeiro período turco.

Os venecianos retoman a vila baixo Francesco Morosini, durante a grande guerra turca dos anos 1680. Este segundo período veneciano non dura moito tempo, xa que os turcos retomana en 1715. O decline da vila será constante neste segundo período turco, o comercio esmorece considerablemente.