Matilde de Flandres
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1031 Bruxas, Bélxica |
Morte | 2 de novembro de 1083 (51/52 anos) Ruán, Francia |
Lugar de sepultura | Abadia de Sainte-Trinité (pt) |
Duquesa de Normandía | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | rexente |
Outro | |
Título | Duquesa Raíña consorte |
Familia | Casa de Flandres |
Cónxuxe | Guillerme I de Inglaterra (1053 (Gregoriano)–) |
Fillos | Constanza de Normandía, Ricardo de Normandía, Roberto II de Normandía, Adeliza, Cecilia de Normandía, Guillerme II de Inglaterra, Ágata de Normandía, Matilde de Normandía, Adela de Normandía, Henrique I de Inglaterra |
Pais | Balduíno V de Flandres e Adela de França |
Irmáns | Balduíno VI de Flandres Roberto I de Flandres |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography A Cyclopaedia of Female Biography A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country (en) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Matilde de Flandres, nada c. 1031 e finada o 2 de novembro de 1083, foi a esposa do rei de Inglaterra Guillerme o Conquistador.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla do conde de Flandres Balduíno V e Adela, e, a través dela, neta do rei Roberto II de Francia. Casou con Guillerme en 1053, cando el só era duque de Normandía. Ela axudoulle a se preparar para a invasión de Inglaterra e deulle once fillos.
Morreu en 1083 aos 51 anos. Despois da súa morte Guillerme volveuse máis despótico e este cambio de carácter foi atribuído á perda de Matilde.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]8. Arnulfo II de Flandres (~961 - ~987) | ||||||||||||||||
4. Balduíno IV de Flandres (980 - 1035) | ||||||||||||||||
9. Susana de Italia (~937 - 1003) | ||||||||||||||||
2. Balduíno V de Flandres (~1012 - 1067) | ||||||||||||||||
10. Federico de Luxemburgo (~965 - 1019) | ||||||||||||||||
5. Oxiva de Luxemburgo (~990 - 1030) | ||||||||||||||||
1. Matilde de Flandres | ||||||||||||||||
12. Hugo Capeto (~940 - 996) | ||||||||||||||||
6. Roberto II de Francia (972 - 1031) | ||||||||||||||||
13. Adelaida de Aquitania (~945 - 1004) | ||||||||||||||||
3. Adela de Francia (1009 - 1079) | ||||||||||||||||
14. Guillerme I da Provenza (~957 - 993) | ||||||||||||||||
7. Constanza de Arle (~986 - 1032) | ||||||||||||||||
15. Adelaida de Anjou (~947 - 1026) | ||||||||||||||||
Matrimonio e descendentes
[editar | editar a fonte]Matilde casou con Guillerme en 1053, na capela de Notre Dame en Eu (Normandía). O número de fillos que tiveron é incerto e varía segundo as fontes, pero parece estar entre os nove e os doce. Os nove fillos nos que hai unanimidade son:
- Roberto II de Normandía (1054 - 1134 ) herdou o ducado de Normandía do seu pai.
- Ricardo de Bernay (c. 1055 - c. 1081), duque de Bernay, morreu por mor dun cervo en New Forest.
- Adeliza (ou Alicia) (c. 1055 - c. 1065), prometida a Haroldo II de Inglaterra.
- Cecilia (c. 1056 - 1126 ), abadesa da Santísima Trindade, Caen.
- Guillerme II "Rufus" (c. 1056-1100) herdou o Reino de Inglaterra de seu pai.
- Ágata (c. 1064 - 1079 ), prometida a Afonso VI de Castela.
- Constanza (c. 1066 - 1090 ), casada co duque Alain IV de Bretaña.
- Adela (c. 1067 - 1137 ), casada co conde Estevo II de Blois.
- Henrique I "Beauclerc" ( 1068 - 1135 ) herdou o Reino de Inglaterra á morte do seu irmán Guillerme.