O Maccabi Tel Aviv B.C. (en hebreo: מ.כ. מכבי תל אביב), tamén coñecido coma Maccabi Playtika Tel Aviv por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncestoisraelí con sede na cidade de Tel Aviv. O club xoga na Ligat ha'Al, máxima competición israelí, e na Euroliga. É a sección de baloncesto da sociedade deportiva Maccabi Tel Aviv.
O Maccabi é un dos club máis ilustres do baloncesto europeo,[1] gañando o Campionato de Europa até en seis ocasións dende 1977, sendo finalista en outras nove. É tamén o club dominante do baloncesto de Israel, gañando cincuenta Ligat ha'Al (incluídos vinte e tres consecutivos de 1970 a 1992) e 41 Copas de Israel. O equipo tamén posúe o maior rexistro de triplas coroas gañadas con cinco.
Maccabi Tel Aviv B.C. iniciou a súa andaina a mediados dos anos 1930 tras ser fundado en 1932. Cando liga de baloncesto de Israel non comezou en 1954 o Maccabi xa gañou na súa primeira edición e, dende aquela, nunca terminou por baixo do terceiro lugar, incluíndo unha racha de vinte e tres campionatos consecutivos gañados, de 1970 a 1992. Dende os seus comezos o seu maior rival dentro do baloncesto israelí é o outro equipo da cidade, o Hapoel Tel Aviv, aínda que o último título conseguido por estes foi en 1969. Dende entón, o único equipo que derrotou ao Maccabi Tel Aviv no campionato foi o Hapoel Galil Elyon en 1993, dirixido por Doron Sheffer e asesorados por Pinhas "Pini" Gershon, o Hapoel Holon en 2007 e o Hapoel Gilboa Galil (sucesor do Hapoel Galil Elyon) en 2010. Dende 1969 até 2008, o Maccabi Tel Aviv foi patrocinado por Elite, a meirande compañía de alimentación de Israel. Dende xullo de 2008 o patrocinador é Electra.
En 1958 o Maccabi Tel Aviv comezou a súa participación en competicións internacionais, chegándose a converter nunha potencia dentro dos equipos de baloncesto en Europa. En xullo de 2006, o Maccabi Tel Aviv xogara 602 partidos en competicións europeas e vencido en 376 deles, anotando 51.804 puntos contra 49.156 dos seus rivais.
Aos ollos de todo o país, non só foi unha importante vitoria, senón que supuxo unha vinganza contra Unión Soviética, o país que, segundo eles, "prestara o seu apoio aos inimigos de Israel" nas previas guerras árabe-israelís. O capitán Tal Brody dixo despois do partido "Estamos no mapa, e quedáronse na ruta, non só no deporte, senón en tódolos aspectos". En 1981, obtivo outra Copa de Europa, esta vez derrotando ao Sinudyne Bolonia por 80 a 79. Durante o resto da década de 1980, o Maccabi Tel Aviv chegou ás finais da Copa de Europa noutras cinco ocasións, aínda que perdendo en todas elas.
O decenio de 1990 do Maccabi coñécese como o "decenio negro", co equipo logrando tan só unha aparición nunha Final Four durante toda a década, e mesmo perdendo o título de liga israelí en 1993. En 1998Pini Gershon, até entón considerado como un dos máis notorios "anti-Maccabistas" de Israel, converteuse no seu adestrador en xefe, inaugurando o que posiblemente é o mellor período na historia do club. O equipo chegou á final da Euroliga en 2000, caendo ante o Panathinaikos nun igualado partido. Ironicamente, o ex do Maccabi Tel Aviv e do equipo nacional, Oded Kattash, foi o xogador decisivo para o Panathinaikos. Ao ano seguinte, os dous equipos enfrontáronse de novo na final da Suproliga en París, e o club israelí, encabezado por Arriel McDonald, Anthony Parker e Nate Huffman, venceu na final por 81 a 67.
O 16 de outubro de 2005, o Maccabi estableceu outro fito na súa historia e do baloncesto europeo cando derrotou aos Toronto Raptors da NBA, sendo a súa primeira vitoria en máis de vinte e sete anos contra un equipo da NBA, a primeira vitoria sobre un equipo da NBA por parte de calquera equipo da Euroliga en dezasete anos, e a primeira vitoria dun equipo europeo sobre un equipo da NBA nos Estados Unidos. Un tiro en suspensión de Anthony Parker a 0,8 segundos para o final deulles a vitoria por 105 a 103.
Na tempada 2005-06, o Maccabi acabou con dous títulos nacionais: o seu cuadraxésimo sexto campionato de Liga e a súa trixésimo sexta Copa despois de dúas vitorias sobre o Hapoel Xerusalén. Durante a Final Four da Euroliga, o Maccabi Tel Aviv enfrontouse de novo ao Tau Cerámica, esta vez na primeira semifinal, gañando de novo o partido, esta vez 85 a 70. Así o Maccabi e o CSKA de Moscova enfrontáronse na final do 30 de abril de 2006, perdendo os macabeos por 73 a 69. Durante o verán seguinte a súa "dinastía" terminou cando Anthony Parker e Maceo Baston seguiron a v na súa ruta cara á NBA, dando lugar a unha importante renovación do cadro de xogadores. Isto levou a unha mediocre tempada 2006-07, aínda que o equipo gañou o campionato nacional e clasificouse para cuartos de final da Euroliga.
A tempada 2007-08 abriuse coa esperanza do retorno do ex xogador do club Oded Katash como adestrador, aínda que non logrou os resultados agardados, polo que foi substituído por Pini Gershon na que sería a súa terceira etapa como adestrador do club. O equipo xogou ese ano un partido de pre-tempada contra os New York Knicks o 11 de outubro de 2007, no Madison Square Garden, na súa primeira aparición no famoso recinto, os Knicks gañaron o partido 112:85. Con todo, desde entón o Maccabi non volveu a lograr títulos internacionais, chegando a perder a liga israelí en 2010 fronte ao Hapoel Gilboa Galil Elyon. O 3 de agosto de 2011, o base da NBAJordan Farmar dos New Jersey Nets asinou un contrato por un ano co Maccabi por mor do "lookout" da NBA 2011.
A Man de Elías ou Menora Mivtachim Arena (en hebreo: היכל הספורט יד אליהו, Yad Eliyahu) é o pavillón onde xoga os seus encontros coma local o Maccabi de Tel Aviv. A Man de Elías é un dos máis míticos pavillóns do baloncesto europeo, acollendo numerosas finais de competicións continentais e sendo a cancha dun dos clubs europeos máis laureados.
Cunha capacidade para 11.000, á parte do Maccabi Tel Aviv albergou encontros no pasado do Hapoel Tel Aviv. É a area de deporte baixo teito máis grande en Israel, polo que aloxa a Final Four israelí (as semifinais e final da Copa de Israel), así como a maioría dos partidos da selección de baloncesto de Israel. Atópase no 51 da rúa Yigal Allon de Tel Aviv.