Mandeísmo
O mandeísmo (do arameo מַנְדַּע, /manda/, "[nós] sabemos") foi unha seita gnóstica que se desenvolveu nos séculos I e II d.C. nas beiras do río Xordán. Despois esta relixión admitiu outros elementos por sincretismo e na actualidade, aínda quedan algúns crentes en certas zonas de Iraq, entre 5000 e 7000, e Irán, xa que as persecucións por parte do integrismo islámico (sobre todo en Iraq) provocaron unha grande emigración e dispersión. Estaba dirixida pola caste sacerdotal dos nasoreanos (nome polo que tamén eran coñecidos). Esta caste sacerdotal divídese en dous tipos, os iniciados ao máis alto nivel denominados ganzibra (tesoureiros) e outros con menor rango de iniciación, chamados tarmidia (discípulo) e utilizan como lingua litúrxica un dialecto arameo oriental hoxe xa só entendido por sacerdotes. O alfabeto mandeo garda o máis estreito paralelismo coas inscricións elymaicas de Tang-i-Sarwäk en Khuzistán (século II).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Charles Harold Dodd: Interpretación del cuarto evangelio. Sin lugar: Cristiandad, 2004. ISBN 84-7057-448-5.