Saltar ao contido

Manuel Montero Corbeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Montero Corbeira
Biografía
Nacementoc. 1888 Editar o valor en Wikidata
Fene, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3671

Manuel Montero Corbeira, nado en Fene cara a 1888 e finado en Ferrol o 30 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dirixente socialista de Fene, colaborou en Fene Solidario e foi administrador de Cultura Campesina. Emigrou a Cuba e foi secretario da sociedade Naturales del Ayuntamiento de Fene na Habana en 1918.[1] Retornado a Galicia, foi secretario da sociedade Café Galicia da Coruña en 1926.[2] En 1930 presidiu a Agrupación socialista da Coruña,[3] e volveu ser elixido presidente en 1931 e 1932.[4] Formou parte da candidatura socialista ás eleccións de novembro de 1933. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sacado de casa cunha corda xunto ao seu cuñado Luis Martínez Hermida. Ambos apareceron mortos na porta do cemiterio de Catabois.

  1. El Correo Gallego, 6-9-1918, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 22-5-1926, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 28-1-1930, p. 10.
  4. El Ideal Gallego, 17-1-1932, p. 3.