Saltar ao contido

Marita Koch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarita Koch
Nome orixinal(de) Marita Meier-Koch Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Wismar, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Altura171 cm Editar o valor en Wikidata
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista, atleta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata - 1987 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Democrática Alemá Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivacarreira de velocidade Editar o valor en Wikidata
Participou en
1980Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980 - 4 x 400 m estafetas feminino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1980Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980 - 400 m feminino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1976Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 - 400 m feminino (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IAAF: 14349315 Editar o valor en Wikidata

Marita Koch (despois Meier-Koch), nada en Wismar o 18 de febreiro de 1957 é unha ex atleta de velocidade alemá. Durante a súa carreira logrou dezaseis récords do mundo ao aire libre e catorce en probas baixo teito. A súa marca de 47.60 nos 400 metros, establecida o 6 de outubro de 1985, aínda non foi superada.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Wismar, República Democrática Alemá, Marita Koch demostrou unha velocidade excepcional xa de nena, e derrotaba a nenos moito máis vellos ca ela cando estaba no colexio. No momento en que cumpriu quince anos, adestraba con Wolfgang Meier. Meier traballaba como enxeñeiro naval, pero tamén adestraba atletas a tempo parcial. Koch e Meier mudáronse a Rostock, onde Koch comezou a estudar medicina. Porén, decidiu abandonar os seus estudos e centrarse nas carreiras. Koch foi adestrada por Meier durante toda a súa carriera e máis tarde casaron. Ela conservou o seu nome de solteira, sendo coñecida como Marita Koch-Meier. Tiveron unha filla de nome Ulrike.[1]

Koch tivo récords do mundo en varias distancias, dende os 50 m aos 400 m. Algunhas das súas mellores actuacións foron:

Koch nos campionatos de atletismo de Alemaña Oriental de 1984 en Erfurt, Turinxia

Koch correu os cuartos de final dos 400 m nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal (51.87 segundos), pero renunciou debido a unha lesión. Estableceu o seu primeiro récord do mundo en 1977 en Milán, onde correu os 400 m baixo teito en 51.8 segundos. O seguinte ano, logrou o seu primeiro récord ao aire libre nos 400 m con 49.19 segundos. Superouno con outras dúas marcas mundiais nun mes. En 1979 Koch converteuse na primeira muller que correu os 200 m en menos de 22 segundos. O seu tempo de 21.71 segundos (vento +0.7 m/s) establecido no Karl Marx Stadt foi a marca mundial durante nove anos. Igualouna en 1984 (21.71 segundos +0.3 m/s Potsdam). Non obstante, o seu récord dos 200 m foi igualado en dúas ocasións en 1986 por Heike Drechsler. Unha das marcas de Drechsler de 21.71 segundos foi lograda con vento de cara, mentres que ambas as marcas de Koch de 21.71 foron con vento de cola.

Nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980 Koch gañou a medalla de ouro nos 400 m. Tres semanas antes dos Xogos Olímpicos de 1984, igualou o seu propio récord, mais o boicot dos países do bloque oriental evitou a súa competición nos Xogos. Tamén gañou os Campionatos de Europa nos 400 m en 1978, 1982 e 1986. Mantivo o récord de Europa dos 200 m ata o 28 de agosto de 2015 cando Dafne Schippers gañou a final dos 200 m do Campionato do Mundo de Atletismo de 2015 cun tempo de 21.63 segundos. Como membro do equipo de remudas da Alemaña Oriental, tamén estableceu máis récords do mundo, no 4×100 m en 1979 e 1983. O mesmo equipo gañou a prata nas remudas 4×400 m nos Xogos Olímpicos de 1980. Tamén o lograron na mesma distancia en 1980, 1982 e 1984. En outubro de 1986, recibiu unha Estrela da Amizade do Pobo de ouro (segunda clase) polos seus éxitos deportivos.[2]

Koch retirouse das carreiras en 1987 como unha das atletas de máis éxito de Alemaña. Sufriu unha lesión no tendón de Aquiles e quixo centrarse na súa vida familiar.

A carreira da marca mundial dos 400 m

[editar | editar a fonte]

O 6 de outubro de 1985, na reunión da copa do mundo, Koch estableceu o récord do mundo de 400 m en 47.60 segundos. Este tempo está considerado lonxe do alcance mesmo das mellores atletas actuais.[3] O encontro tivo lugar no Bruce Stadium de Camberra, que está a 605 metros de altura.[4][5] A carreira do récord dos 400 m foi ben planeada, e a súa velocidade e resistencia fora probada en varias carreiras de adestramento nas semanas previas. Unha semana antes de establecer a marca, algúns informes anecdóticos suxiren que Koch correra os 200 m en 21.56 segundos (tempo automático). Esta actuación non foi verificada pola IAAF e permanece como non oficial.

Koch en Berlín, 21 de agosto de 1986

Na carreira do récord, Koch, correndo pola rúa 2, saíu dos bloqueos cun paso abrasador e eliminou a maioría das súas competidoras ao final da primeira curva. O seu tempo nos primeiros 100 m foron de 11.3 segundos, mentres que o dos 200 m foi de 22.4 segundos. Os 300 m fíxoos en 34.1 segundos (tempo manual), mllor marca da distancia de todos os tempos. Durante as fases finais da carreira, o vídeo orixinal só capta a Koch e a Olga Vladykina da URSS, que estaba a seguila,mais pechando o oco. O resto das competidoras estaban tan lonxe atrás que non aparecían en cámara cando Koch e Vladykina cruzaron a liña. Koch gañara demasiada vantaxe nas primeiras fases da carreira, e Vladykina foi incapaz de alcanzar a Koch antes da liña de meta. Vladykina tamén correu no seu mellor tempo (48.27 segundos) nesa carreira.[4][5]

Nas carreiras dos 400 m as únicas mulleres que romperon a barreira dos 48 segundos son Koch e Jarmila Kratochvílová (47.99 segundos, Helsinqui, 1983). Kratochvílová foi a principal rival de Koch na distancia e tamén posuíu o récor mundial a principios da década de 1980. Cada unha delas bateu as marcas dos 400 m da outra.

Controversia sobre a dopaxe

[editar | editar a fonte]

Os logros de Koch, xunto cos doutras deportistas de Alemaña Oriental, estiveron baixo a sospeita de que se conseguisen coa axuda de drogas para mellorar os resultados.[6] Estas drogas eran e continúan a ser ilegais, pero non eran detectables nesa época. En 1991, os activistas antidopaxe alemáns Brigitte Berendonk e Werner Franke, puideron rescatar varias teses de doutoramento e outros documentos escritos por científicos que traballaban nos programas de investigación sobre drogas de Alemaña Oriental. Os documentos listan as doses e os horarios para a administración de esteroides anabólicos a moitos atletas da antiga RDA, entre eles Marita Koch. Segundo estas fontes, Koch empregou o esteroide Oral-Turinabol (4-Chlorodehydromethyltestosterona) de 1981 a 1984 cun rango de doses de 530 a 1460 mg/ano.[7]

  1. Kluge, Volker (2004). Das große Lexikon der DDR-Sportler: Die 1000 erfolgreichsten und populärsten Sportlerinnen und Sportler aus der DDR, ihre Erfolge, Medaillen und Biographien. [The big lexicon of the GDR athletes: The 1000 most successful and popular athletes from the GDR, their successes, medals and biographies.] (en alemán) (2 ed.). Berlín: Schwarzkopf & Schwarzkopf Verlag. pp. 292–294. ISBN 3-89602-538-4. 
  2. "Hohe staatliche Auszeichnungen verliehen" [Awarded high state awards]. Neues Deutschland (en alemán) 42 (243). 15 de outubro de 1986. p. 6. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2018. (require rexistro (?)). 
  3. Unattainable records leave female athletes struggling for acclaim
  4. 4,0 4,1 START LIST 400 Metres Women – Round 1 Arquivado 10 de decembro de 2015 en Wayback Machine., Daegu 2011 (27 de agosto de 2011)
  5. 5,0 5,1 2012 Olympic Games Statistics – Women's 400m Arquivado 17 de setembro de 2018 en Wayback Machine., Athletics Weekly
  6. Goodbody, John (13 de xullo de 2006). "Jackson predicts new peak is mountain for others to climb". The Times. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  7. Schofield, Matthew (13 de febreiro de 2015). "East Germany’s doping legacy lives on, 25 years later". McClatchy. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]