Marsilea
Marsilea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Marsilea quadrifolia | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Marsilea é un xénero de pteridófitas da clase das polipodiópsidas e orde das salviniais, que é o tipo da familia das marsileáceas.[1]
O xénero comprende unhas 65 especies de fentos acuáticos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1753 por Linneo, na páxina 1099, do vilume II da 1ª edición da súa obra Species Plantarum.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo protónimo cuñado por Linneo e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimos:[1]
- Lemma Juss. ex Adans.
- Spheroidea Dulac
- Zaluzianskia Neck.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Marsilea foi unha homenaxe que Linnaeus lle fixo ao conde Luigi Ferdinando Marsigli (en latín, Marsilius) naturalista italiano falecido en 1730.[2]
Especies
[editar | editar a fonte]Segundo a base de datos The Plant List, recoñécense as seguintes especies:[3]
- Marsilea aegyptica Willd.
- Marsilea ancyclopoda A.Braun
- Marsilea apposita Launert
- Marsilea burchellii A.Braun
- Marsilea capensis A.Braun
- Marsilea coromandelina Willd.
- Marsilea crenata C.Presl
- Marsilea crotophora D.M. Johnson
- Marsilea deflexa A.Braun
- Marsilea distorta A.Braun
- Marsilea drummondii A.Braun
- Marsilea ephippiocarpa Alston
- Marsilea farinosa Launert
- Marsilea fenestrata Launert
- Marsilea hirsuta R. Br.
- Marsilea macrocarpa C.Presl
- Marsilea macropoda Engelm. ex A.Braun
- Marsilea minuta L.
- Marsilea mollis B.L. Rob. & Fernald
- Marsilea mutica Mett.
- Marsilea nubica A.Braun
- Marsilea oligospora Goodd.
- Marsilea quadrifolia L.
- Marsilea schelpeana Launert
- Marsilea unicornis Launert
- Marsilea vera Launert
- Marsilea vestita Hook. & Grev.
- Marsilea villifolia Brem. & Oberm. ex Alston & Schelpe
- Marsilea villosa Kaulf.
Porén, o ITIS só recoñece as seguintes:[4]
- Marsilea ancylopoda A. Braun
- Marsilea crenata C. Presl
- Marsilea hirsuta R. Br.
- Marsilea macropoda Engelm. ex A. Braun
- Marsilea minuta L.
- Marsilea mollis B.L. Rob. & Fernald
- Marsilea mutica Mett.
- Marsilea oligospora Goodd.
- Marsilea polycarpa Hook. & Grev.
- Marsilea quadrifolia L.
- Marsilea vestita Hook. & Grev.
Características
[editar | editar a fonte]Son pequenas plantas de aspecto infrecuente, xa que non se parecen aos fentos comúns. Os nomes vulgares dalgunhas especies inclúen trevo de auga e trevo de catro follas, debido a que as frondes presentan catro lóbulos semellantes ao trevo, e están presentes sobre a auga ou mergullados nela.
Os esporocarpos dalgunhas especies australianas son moi resistentes á seca, sobrevivindo até 100 anos en condicións de extrema sequidade. Ao mollarse, o interior xelatinoso do esporocarpo incha, dividíndoo e liberando unha masa semellante a un verme que leva os soros, levándose finalmente a cabo a xerminación das esporas e a fecundación.
Usos
[editar | editar a fonte]Como alimento
[editar | editar a fonte]Os esporocarpos dalgunhas especies australianas, como Marsilea drummondii, son comestíbeis e foron comidos polos aborixes e os primeiros colonos brancos, que o coñecían co nome de ngardu ou nardoo. Partes de Marsilea drummondii conteñen unha enzima que destrúe a tiamina (vitamina B1), provocando danos cerebrais en ovellas e cabalos. Durante as inundacións na conca do río Gwydir morreron 2 200 ovellas despois de comer nardoo. Con todo, as tres cuartas partes das ovellas afectadas responderon ás inxeccións de tiamina.[5] A deficiencia de tiamina dun nardoo mal preparado provocou probablemente a fame e a morte de Burke e Wills.[6][7]
As follas de Marsilea crenata forman parte da cociña xavanesa oriental de Indonesia, especialmente na cidade de Surabaya. Chámase Pecel Semanggi e sérvese con salsa picante de cacahuete e batata.
Como ornamento
[editar | editar a fonte]Algunhas especies do xénero, como Marsilea crenata, Marsilea exarata, Marsilea hirsuta e Marsilea quadrifolia, cultívanse en acuarios.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Marsilea crenata
-
Marsilea drummondii
-
Marsilea hirsuta
-
Marsilea minuta
-
Marsilea mutica
-
Marsilea schelpeana
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Marsilea L. no GBIF. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ Marsilea no Merriam-Websbter Dictionary.
- ↑ Marsilea en The Plant List. Consultada o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ Marsilea L. no ITIS. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ Watt, Bruce (2009): Managing the land – Toxic Plants, Pro Grazier, Winter, MLA.
- ↑ Chaffey, Calder (xuño de 2002). "A Fern which Changed Australian History". Australian Plants Online. Association of Societies for Growing Australian Plants. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ Phoenix, Dave (2011). "Did Burke and Wills die because they ate nardoo?". State Library of Victoria: The Burke & Wills research gateway.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marsilea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Marsilea |