Murenesócidos
Murenesócidos Congros bicudos Muraenesocidae Rango fósil: eoceno - actualidade [1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Muraenesox cinereus | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos murenesócidos (Muraenesocidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes, suborde dos congroideos, que son coñecidos vulgarmente como congros bicudos.
Son peixes depredadores, moi agresivos, alimentándose de moluscos, crustáceos e peixes pequenos.[2]
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no eoceno inferior, durante o terciario inferior.[1]
Características
[editar | editar a fonte]As principais características das especies da familia son:[3]
- Corpo alongado, cilíndrico, angüiliforme, de entre 60 e 250 cm de lonxitude
- Dentes ben desenvolvidos, especialmente os situados no óso vómer.
- Ollos grandes, recubertos de pel
- Liña lateral moi conspicua.
- Aletas pectorais ben desenvolvidas, coa orixe da aleta dorsal sobre ou lixeiramente antes das pectorais.
Distribución
[editar | editar a fonte]Habitan nas costas das zonas intertropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, e algunhas das súa especies penetran nas augas doces.[3]
Xéneros
[editar | editar a fonte]Non hai unanimidade na clasificación desta familia. En xeral, están recoñecidas de 10 a 15 especies agrupadas en 5 xéneros, segundo o SIIT:[4]
- Congresox (dúas especies)
- Cynoponticus (tres especies)
- Muraenesox (tres especies))
- Oxyconger (unha especie)
- Sauromuraenesox (unha especie)
Porén, o WoRMS recoñece un xénero a maiores:[5]
- Gavialiceps (cinco especies) [6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.
- ↑ McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
- ↑ 3,0 3,1 Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- ↑ "Muraenesocidae". www.itis.gov (en inglés). Consultado o 2020-04-04.
- ↑ Muraenesocidae no WoRMS.
- ↑ Gavialiceps no WoRMS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Murenesócidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Murenesócidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ranier Froese & Daniel Pauly eds. (2008): Muraenesocidae en FishBase.