Murénidos
Murénidos Muraenidae Rango fósil: mioceno - actualidade [1] | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Muraena helena no Aquarium Finisterrae | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||||
|
A dos murénidos (Muraenidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes coñecidos vulgarmente como moreas, que habitan en augas tropicais e subtropicais de todo o mundo.
Características
[editar | editar a fonte]Teñen o corpo serpentiforme, que chega a medir até 150 cm, e carecen normalmente de aletas pectorais e pelvianas; a aleta dorsal nace na parte posterior da cabeza e se estende por todo o dorso, uníndose coa aleta caudal.
A cabeza é longa, e está dotada de fortes mandíbulas adaptadas á captura das súas presas. Os ollos son pequenos, ao igual que as branquias.
Carecen de escamas, e a mucosa que cobre o corpo é tóxica en moitas especies.
A coloración é irregular para favorecer a cripse.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Habitan en arrecifes coralinos e zonas costeiras rochosas, o que lles permite, grazas ao seu corpo serpiforme, axexar ás súas presas desde as fendas onde se agochan.
Son voraces predadores, alimentándose doutros peixes, cefalópodos e crustáceos. Outras moreas e meros encóntranse entre os seus escasos depredadores.
Adoitan seren moi agresivas e aínda que a súa mordedura non é velenosa si é moi dolorosa.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A familia componse de dúas subfamilias e quince xéneros recoñecidos:[2][3]
- Familia Muraenidae
- Subfamilia Muraeninae
- Echidna Forster, 1777
- Enchelycore Kaup, 1856
- Enchelynassa Kaup, 1855
- Gymnomuraena Lacepède, 1803
- Gymnothorax Bloch, 1795
- Monopenchelys Böhlke & McCosker, 1982
- Muraena Linnaeus, 1758
- Pseudechidna Bleeker, 1863
- Rhinomuraena Garman, 1888
- Strophidon McClelland, 1844
- Subfamilia Muraeninae incertae sedis [3]
- Leptocephalus
- Leptocehalus erythraeus D'Ancona, 1928
- Leptocephalus grassianus D'Ancona, 1928
- Leptocephalus muraenoides D'Ancona, 1928
- Leptocephalus
- Subfamilia Uropterygiinae
- Anarchias Jordan & Starks in Jordan & Seale, 1906
- Channomuraena Richardson, 1848
- Cirrimaxilla Chen & Shao, 1995
- Scuticaria Jordan & Snyder, 1901
- Uropterygius Rüppell, 1838
- Subfamilia Muraeninae
Galería
[editar | editar a fonte]-
Echidna nebulosa
-
Gymnothorax mordax
-
Rhinomuraena quaesita
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Murénidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Murénidos |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fotos de moreas do Mediterráneo
- Muraenidae en FishBase
- Muraenidae en ADW
- Muraenidae en NCBI
- Moray Eels Grab Prey With Alien Jaws en Marbef (en inglés)