Novacaixagalicia
Novacaixagalicia | |
---|---|
Tipo | caixa de aforros |
Data de fundación | 2010 |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.afundacion.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Novacaixagalicia foi o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición foi Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.
Estrutura
[editar | editar a fonte]O seu director xeral foi José Luis Pego, que procedía do organigrama de Caixanova, mentres que o director xeral executivo era Xavier García de Paredes, que procedía da estrutura de Caixa Galicia. O responsable da obra social era Guillermo Brea. Os copresidentes, que tiñan un cargo de honra non executivo, eran Mauro Varela Pérez (Caixa Galicia) e Xulio Fernández Gayoso (Caixanova).
Historia
[editar | editar a fonte]Dada a crise financeira que afectaba as dúas principais caixas de aforros galegas como consecuencia da súa excesiva exposición[1] á burbulla inmobiliaria que detonou en 2008, Caixa Galicia e Caixanova víronse abocadas a un proceso de fusión. A aquela altura chegaban as dúas entidades, Caixa Galicia e Caixanova con 46.000 e 32.000 millóns de euros en activos[2]. As outras alternativas baralladas no momento pasaban pola compra por outras entidades bancarias españolas[3][4][5], que finalmente non se produciu.
Para afrontar ese proceso de fusión, as dúas caixas solicitaron do FROB un empréstito de 1.162 millóns de euros[6]. Tan só uns meses despois, o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, por boca da súa ministra de Economía a ourensá Elena Salgado, elevou a porcentaxe de capital en depósito que tiñan que ter as entidades bancarias e, en concreto, as caixas de aforro, para a súa continuidade como operadores financeiros[7]. A recente fusión aumentaba as dificultades para conseguir esa porcentaxe e os directores da entidade optaron por un proceso de bancarización, é dicir, de transformación da caixa de aforros nun banco tradicional. Para convertérense en bancos, as caixas tiñan que reestruturar os seus órganos directivos, mudar os seus órganos de goberno para atraer o capital privado, e presentar un plan de viabilidade que contemplase a entrada de investidores privados[7]. Este proceso foi seguido tamén por outras entidades en España naquela época.
A porcentaxe de capital en depósito esixida polo goberno de España fixouse nun 8% —que tiña que acadarse en setembro de 2011 para evitar a nacionalización—, e Nova Caixa Galicia tiña en xaneiro de 2011 un 6%[8]. A entidade resultante do proceso de bancarización recibiu o nome de NCG Banco e a súa data de creación anunciada para agosto de 2011.
Participacións industriais
[editar | editar a fonte]Participación | Porcentaxe | Sociedade | Porcentaxe |
---|---|---|---|
Banco Gallego | 49,840% | Novacaixagalicia | |
CLH | 5,00% | Novacaixagalicia | |
Pescanova | 4,609% | Novacaixagalicia | |
Elecnor | 6,894% | Novacaixagalicia | |
Banco Pastor | 5,356% | Novacaixagalicia | |
Adolfo Domínguez | 5,050% | Novacaixagalicia | |
NH Hoteles | 2,714% | Hoteles Participados | 5,428% |
General de Alquiler de Maquinaria | 5,052% | Novacaixagalicia | |
Itinere | 23,40% | Novacaixagalicia | |
Tecnocom | 20,052% | CXG Corporación Novacaixagalicia | 20,052% |
Quabit | 4,084% | CXG Corporación Novacaixagalicia | 4,084% |
Sacyr Vallehermoso | 7,07% | Novacaixagalicia | 4,646% |
CXG Corporación Novacaixagalicia | 2,361% | ||
Banco Etcheverría | 44,730% | CXG Corporación Novacaixagalicia | 44,730% |
Monbús | 33,4% | Novacaixagalicia | |
Grupo Copo | 21,1% | Novacaixagalicia | |
Eólica Galenova | 100% | Novacaixagalicia | |
Sogevinus | 100% | Novacaixagalicia | |
Naviera Elcano | 12% | Novacaixagalicia |
De CXG Corporación Nova Caixa Galicia pertence o 94,432% a Novacaixagalicia e un 5,568% a Hierros Añón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Las entidades financieras gallegas poseen el 13% de la deuda de Fadesa Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Faro de Vigo, 6/12/2008.
- ↑ Ranking Cajas de ahorro por activo Arquivado 25 de agosto de 2011 en Wayback Machine., Cajas y bancos, datos de 2009 a partir de CECA.
- ↑ A fusión das caixas, unha saída necesaria?, Vieiros, 1/3/2010.
- ↑ Caixanova, candidata a unirse a Caja Navarra, Hispanidad, 5/3/2010.
- ↑ Caixa Galicia, absorber o ser absorbida: Caixanova o Cajamadrid Arquivado 23 de decembro de 2010 en Wayback Machine., Banqueando, 27/7/2009.
- ↑ A fusión de Caixa Galicia e Caixanova apañará 1.162 millóns do FROB, Vieiros, 14/6/2008.
- ↑ 7,0 7,1 El Gobierno nacionalizará temporalmente las cajas si no logran elevar su capital mínimo, 20 minutos, 24/1/2011.
- ↑ Ratios Core Tier de las entidades financieras a enero 2011 Arquivado 29 de agosto de 2011 en Wayback Machine., Cajas y bancos, 25/1/2011.