Salvitxada
Aparencia
A salvitxada é unha salsa orixinaria de Cataluña (España), concretamente da localidade de Valls na provincia de Tarragona, que serve para acompañar aos calçots nas calçotades.
Características
[editar | editar a fonte]Na súa composición parécese bastante á salsa romesco, sendo unha das súas variedades. Os seus ingredientes principais son:
- Allos asados e crus.
- Tomates asados.
- Améndoas tostadas moídas.
- Abelás tostadas moídas.
- Pan tostado e empapado en vinagre.
- Ñora.
- Aceite de oliva.
- Sal.
Hai que moer os ingredientes nun morteiro ata formar unha salsa de consistencia media (nin fina nin grosa).
É excelente para acompañar tanto carnes como peixe e verduras.