Saltar ao contido

Partido Popular de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PPdeG»)
Partido Popular de Galicia (PPdeG)
Partido político de Galicia
Dirixentes e organización
LíderAlfonso Rueda
MocidadesNovas Xeracións
Historia
Fundación1989
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
centro-dereita
Centro
Liberalismo
Galeguismo
Democracia cristiá
Representación
Parlamento de Galicia
40 / 75
Deputados por Galicia
(Congreso)
13 / 23
Senadores por Galicia
14 / 19
Deputados provinciais en Galicia
52 / 108
[1]
Alcaldías en Galicia
161 / 313
Concelleiros en Galicia
1.765 / 3.721
Outros datos
SedeAvda. Fernando Casa Novoa - Edif. C.N.L. Bloque 2, Santiago de Compostela
Na rede
www.ppdegalicia.gal/

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. Após as eleccións municipais de 2019 conta con 1632 concelleiros. Pertencen ó partido 10 dos 23 deputados galegos no Congreso dos Deputados. Tralas eleccións ao Parlamento galego de 2024, ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 42 dos 75 escanos.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]
Manuel Fraga.

O Partido Popular de Galicia é o único partido de dereitas representado no hemiciclo do parlamento galego. Historicamente ten sido de corte conservador e liberal. Cobre, así mesmo, un espectro certamente amplo, que vai dende o autoproclamado rexionalismo[2] até o nacionalismo español[3]. Por outra banda, o Partido Popular de Galicia actual prefire presentarse ante a sociedade coma un partido cun pasado democrático caracterizado por un talante reformista, de centro[4] e con raíces cristiás[5].

Evolución histórica da ideoloxía do PPdeG

[editar | editar a fonte]

Antecedentes ideolóxicos no ámbito estatal

[editar | editar a fonte]
Alberto Núñez Feijóo, expresidente do PPdeG

O antecedente máis próximo atópase na desaparecida Alianza Popular, que fora, tras a ditadura franquista, o brazo máis potente estreitamente ligado ao goberno de Franco que entrou a formar parte da nacente democracia. Non en van, foi unha federación de partidos liderados na súa maioría por exministros franquistas: Reforma Democrática (Manuel Fraga Iribarne), Acción Rexional (Laureano López Rodó), Acción Democrática Española (Federico Silva Muñóz), Democracia Social (Licinio de la Fuente y de la Fuente), Unión del Pueblo Español (Cruz Martínez Esteruelas), Unión Social Popular (Enrique Thomas de Carranza), Unión Nacional Española (Gonzalo Fernández de la Mora) e outros. Daquela, a organización autonómica da federación non existía como tal. Xa que logo, non é posíbel falar dunha agrupación propiamente galega. Non obstante, si houbo un referente galego no partido, que foi Manuel Fraga, quen foi nomeado o seu primeiro secretario xeral. Alianza Popular declarábase como de dereita conservadora e católica cristiá. Herrero Rodríguez de Miñón comeza daquela a falar da tendencia liberal-conservadurista do seu partido[6].

Ideoloxía do PPdeG na actualidade

[editar | editar a fonte]

Dentro das filas do propio partido popular existe unha corrente que defende o carácter galeguista do partido. Personalidades de referencia adheridas a esta tendencia son ou foron Xosé Cuíña[7], Xesús Palmou[8] ou o propio presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo[9], quen se autoproclama como tal, se ben en troques e sobre todo tras ter acadado a presidencia da Xunta, é acusado de galegofobia polos seus adversarios políticos[Cómpre referencia] e mais por diversas plataformas cívicas a prol da cultura e lingua galegas,[Cómpre referencia] e mesmo unha parte dos militantes do seu partido lle reclaman unha volta ás orixes galeguistas ou cando menos un respecto polas políticas en prol da lingua galega, como se pode apreciar en declaracións de Xosé Luís Baltar, Rafael Cuíña ou Xosé Manuel Barreiro[10], destacadas figuras do PPdeG. Así mesmo existe unha outra posición moito máis homoxénea cando se trata de falar do partido como dunha organización de corte social e económico de centro-dereita. Así o defenden a meirande parte dos seus militantes, comezando polo expresidente estatal Mariano Rajoy[11] ou o expresidente do goberno español José María Aznar[12]. Non obstante, estes postulados, ao ollar dos grupos de esquerda, centro-esquerda, e mesmo centro-dereita nacionalista, chocan decote con algunhas posturas tanto de ámbito estatal[13][14][15] como europeo[16] do Partido Popular.

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Eleccións ao Parlamento de Galicia

[editar | editar a fonte]
Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
1985 Gerardo Fernández Albor
(Coalición Popular: AP, PDP, PL e Centristas de Galicia)
34 parlamentarios 45,33% 8
En comparación cos resultados obtidos por AP
516.218 40,4% 215.179
En comparación cos resultados obtidos por AP
1989 Manuel Fraga 38 parlamentarios 50,66% 4 582.157 44,3% 65.939
1993 Manuel Fraga 43 parlamentarios 57,33% 5 763.839 52,6% 181.682
1997 Manuel Fraga 42 parlamentarios 56% 1 832.751 52,2% 68.915
2001 Manuel Fraga 41 parlamentarios 54,66% 1 791.885 51,6% 40.866
2005 Manuel Fraga 37 parlamentarios 49,33% 4 756.562 44,9% 35.323
2009[17] Alberto Núñez Feijóo 38 parlamentarios 50,66% 1 789.427 47,47% 32.865
2012[18] Alberto Núñez Feijóo 41 parlamentarios 54,66% 3 653.934 45,7% 135.493
2016[19] Alberto Núñez Feijóo 41 parlamentarios 54,66% = 682.150 47,56% 20.869
2020[20] Alberto Núñez Feijóo 42 parlamentarios 56% 1 627.762 47,96% 54.388
2024[21] Alfonso Rueda Valenzuela 40 parlamentarios 54,66% 2 700.491 47,36% 72.729

Evolución do número de escanos dende 1981

[editar | editar a fonte]
  1. Nova composición das deputacións. praza.gal, 25/05/2015.
  2. Fraga avoga polo galeguismo e o autogoberno solidario[Ligazón morta]
  3. "Galicia-Hoxe engloba ao Partido Popular, UPD e Galicia Biligüe dentro do nacionalismo español". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 07 de abril de 2009. 
  4. "PP, o centrismo e o reformismo". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 07 de abril de 2009. 
  5. Aznar reivindica as raíces cristiás de Europa
  6. Herrero de Miñón e o liberal-conservadorismo
  7. "Xosé Cuiña, perfil galeguista". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 07 de abril de 2009. 
  8. Xesús Palmou e a necesidade do galeguismo dentro do Partido Popular[Ligazón morta]
  9. Feijóo reivindica o galeguismo do PP
  10. Barreiro reivindica un xiro ao galeguismo
  11. Rajoy defende un partido moderado e de centrista
  12. José María Aznar fala dun PP de centro-dereita
  13. Privatización masiva proposta polo PP
  14. Relación do PP coa Igrexa Católica[Ligazón morta]
  15. O PP contra o matrimonio gay
  16. O PP e a resolución sobre o Franquismo no parlamento europeo
  17. "Resultados definitivos das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, no Diario Oficial de Galicia, nº. 60 do 27 de marzo de 2009." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2009. 
  18. "Resultados definitivos das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, no Diario Oficial de Galicia, nº. 60 do 7 de novembro de 2012." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xaneiro de 2014. Consultado o 09 de xaneiro de 2014. 
  19. "eleccións ao parlamento de galicia 2016". 
  20. Xunta de Galicia (ed.). "Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020". resultados2020.xunta.gal. Consultado o 4 de decembro 2020. 
  21. "20 Minutos - Galicia". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]