Pepe Bar
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1886 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 30 de xaneiro de 1930 (43/44 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Xosé Bar Boo, Luis Bar Boo |
José Bar Vilaboa, nado en Vigo en 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1930, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego, máis coñecido como Pepe Bar[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa carreira futbolística transcorreu principalmente no Real Club Fortuna de Vigo, equipo ao que tamén dirixiu como técnico ata o momento da fusión deste co Real Vigo Sporting Club en 1923. Precisamente Bar foi un dos valedores da fusión xunto ao xornalista Manuel de Castro Handicap e ao secretario do Concello de Vigo Juan Baliño Ledo, o froito do esforzo foi o Real Club Celta de Vigo.
No seu recordo hai un busto seu no Estadio Municipal de Balaídos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi irmán do tamén futbolista Félix Bar Vilaboa. Casou con Carmen Boo Feás e foi pai de Ángeles, Antonio, Xosé, Alfonso e mais Luis Bar Boo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Txema Ereaga (18 de xullo de 2014). "Pepe Bar: un excelente deportista que dio vida al Celta". Fame Celeste (en castelán).