Saltar ao contido

Quilla (aves)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esqueleto de ave no que está salientado o esterno con quilla en cor azul.
Esqueleto de ave no que está salientado o esterno con quilla en cor azul.
Os pingüíns, aínda que son aves non voadoras, posúen un esterno con quilla.
Os pingüíns, aínda que son aves non voadoras, posúen un esterno con quilla.

Na anatomía das aves a quilla ou carena é unha extensión do óso esterno que discorre axialmente como unha crista pola liña media da cara externa de dito óso e sobresae cara a arriba, perpendicular ao plano das costelas. A quilla proporciona unha superficie para a inserción dos músculos das ás, o que permite o efecto de panca necesario para poder voar. Non todas as aves teñen quilla, xa que xeralmente as aves non voadoras carecen dela.[1][2]

Historicamente, a presenza ou ausencia dunha estrutura de quilla ben marcada foi utilizada para facer unha clasificación das aves en dous grandes grupos ou ordes: carenadas ou Carinatae (do latín carina, 'quilla'), que teñen unha quilla pronunciada, e os ratites ou Ratitae (do latín ratis, 'balsa', unha embarcación sen quilla, referíndose ao esterno plano), que non teñen quilla ou teñen só unha sutil estrutura que fai de quilla. Esta división en Carinatae e Ratitae foi proposta por Blasius Merrem en 1813.[3] Porén, esta clasificación caeu en desuso conforme os estudos filoxenéticos mostraron que moitas aves non voadoras evolucionaron a partir de aves voadoras. Hai aves non voadoras con forte quilla (pingüíns) e aves de familias voadoras que, a diferenza dos seus parentes, carecen dunha forte quilla (os papagaios kakapo de Nova Zelandia).

  1. Cummins, Jim (April 1, 1996). "Anatomy of Flight". Retrieved January 31, 2005.
  2. Ramel, G. "The Anatomy of Birds". Earth-Life Web Productions. Retrieved January 31, 2005.
  3. Merrem, Blasius. (1813). Tentamen systematis naturalis avium. Abh, Konigel (Preussische) Akad. Wiss, Berlin (Physikal.) 237–259.


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.