Saltar ao contido

Ramiro III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamiro III

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Ramiro III de León Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento961 Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xuño de 985 Editar o valor en Wikidata (23/24 anos)
Destriana, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Isidoro de León
León Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloLista de monarcas de León Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSancha Gómez Editar o valor en Wikidata
FillosOrdoño Ramírez Editar o valor en Wikidata
PaisSancho II Editar o valor en Wikidata  e Teresa Ansúrez Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: León-153

Ramiro III, nado en 961 e finado en Astorga no 985, foi rei de Galicia[1][2] entre os anos 966 e 982 exercendo o seu poder desde a cidade de León.

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Fillo de Sancho I de Galicia e da súa esposa Teresa Ansúrez. Sucedeu a seu pai con tan só cinco anos de idade.

A rexencia do reino quedou entón nas mans da súa tía, a monxa Elvira de León, e a súa propia nai, que á morte do seu esposo tamén se retirou a un mosteiro. Grazas a isto Ramiro III sempre contou co apoio do clero do reino.

Vida política

[editar | editar a fonte]

Como rei ratificou o tratado de paz co califa de Córdoba, Alhakén II. Enfrontouse coas tropas normandas que invadiran as costas galegas, acabando coa vida do bispo compostelán Sisnando. En 976, tras a chegada ao poder do califa Hixem II, conclúe o período de paz cos musulmáns, polo que tropas andalusís, comandadas polo visir Almanzor, devastaron o norte peninsular.

Ramiro III tentou instaurar unha monarquía absolutista, cousa que acentuou as tendencias centrífugas de Castela e Galiza a respecto de León. Isto, unido ás constantes derrotas ante os musulmáns (San Esteban de Gormaz, 976; toma de Zamora en 981), provocou que a nobreza se revirase contra do monarca, proclamando rei, en Compostela, ao seu curmán Vermudo II de León, fillo bastardo de Ordoño III de León. Coñecido este feito, Ramiro tentou vencer ao seu rival ao que atacou preto de Monterroso, en portela de Areas, sen lograr vencelo, aínda que sen saír derrotado. Retirado a Astorga, alí faleceu.

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

No 979, casou con Sancha de Saldaña, filla de Gómez, conde de Saldaña. Deste matrimonio naceu o infante Ordoño Ramírez, casado con Cristina de León, filla de Vermudo II.

  1. Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (12): 74. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2022. Ramiro […] señor a la sazón de Galicia (citando a Ibn Hayyan) 
  2. López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228. Ramiro […] rei de Galicia 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Ramiro III. Un interregno na historia da Galiza.
(Nós Diario, 03.10.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Reino de Galiza

Segue a:
Sancho II
Ramiro III
Precede a:
Vermudo II
Dinastía dos Ordoñez (910-1037)