Saltar ao contido

Real Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Zaragoza
NomeReal Zaragoza, S.A.D.
Alcume(s)Blanquillos;
Maños
Fundación18 de marzo de 1932 (92 anos)
EstadioLa Romareda,
Zaragoza, España
Inauguración8 de setembro de 1957
Capacidade34.596
PropietarioFundación Zaragoza 2032
PresidenteEspaña Christian Lapetra
AdestradorEspaña Víctor Fernández
LigaSegunda División
2018/1915.º
Na rede
http://www.realzaragoza.com/
Facebook: RealZaragozaOficial Twitter: RealZaragoza Instagram: realzaragoza LinkedIn: real-zaragoza Youtube: UCWDuLns0JJjIZIkYjbFGq_w TikTok: realzaragoza Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Real Zaragoza é un club de fútbol español da cidade de Zaragoza (Aragón). Foi fundado en 1932 da unión do Iberia SC e do Zaragoza CD, os dous clubs máis importantes da cidade naquela época. Actualmente compite na Segunda División.

É o 9º equipo na Clasificación histórica da Primeira División[1] completando 55 tempadas na devandita categoría. Foi subcampión nunha ocasión e conta ademais con 6 títulos de Copa, unha Supercopa de España e, a nivel europeo, unha Recopa e unha Copa de Feiras, ademais de numerosas participacións para competicións continentais.

O 10 de setembro de 2009, a IFFHS publicou a clasificación dos mellores clubs europeos do século XX, ocupando o Real Zaragoza a posición número 37[2] debido aos campionatos europeos conseguidos no século XX, a Copa de Feiras de 1964 e a Recopa de Europa en 1995. Actualmente ocupa o posto número 355 na clasificación mundial de clubs da IFFHS[3] e o 59º posto na clasificación histórica do mesmo organismo.[4]

Conta cuns 30.000 abonados e un orzamento anual de 36.000.000 . É o 7º equipo en número de afeccionados en España (2,7%),[5] segundo a enquisa do CIS de maio de 2007.

  • Uniforme titular: Camiseta branca con franxas laterais azuis, pantalón azul e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta amarela fosforito con mangas negras, pantalón negro con bordo amarelo e medias negras.
Imaxe lateral do estadio de La Romareda.
Artigo principal: Estadio de La Romareda.

O estadio do Real Zaragoza é La Romareda, cunha capacidade para 34.596 espectadores e cunhas dimensións de 105 x 68 metros.

Inaugurouse cun partido entre o Real Zaragoza e Osasuna o 8 de setembro de 1957, sendo presidente do club maño Cesáreo Alierta. O resultado do encontro foi 4-3, a favor do Real Zaragoza, con goles de Vila (o primeiro gol na Romareda), Wilson, Murillo e Vila (de novo) para o Real Zaragoza, e Areta, Sabino e Glaría para Osasuna. A capacidade inicial do estadio era de 32.416 espectadores, 16.000 sentados.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas en : 58
  • Tempadas en : 23
  • Tempadas en : 4
  • Mellor posto na liga: 2º (tempada 74-75)
  • Peor posto na liga: 20º (tempadas 01-02 e 12-13)
  • Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 9º
  • Máis partidos disputados: Aguado (383), Violeta (327), Señor (304).
  • Máis minutos: Aguado (33.480), Violeta (29.042), Señor (26.984).
  • Máis goles: Murillo (88), Pardeza (76) Marcelino (70).
  • Expulsado máis veces: Aguado (18), Cuartero (8), Belsué (6).
  • Maior goleada conseguida:
  • Maior goleada encaixada:
  • Participacións en competicións europeas: 18

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia do equipo, máis de 500 xogadores pertenceron ao mesmo desde o seu fundación en 1932, moitos dos cales logo de retirados pasan a ser coñecidos como os veteranos e están aglutinados nunha asociación conxunta ao club.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Recopa de Europa de 1995 gañada polo Zaragoza.

Torneos rexionais

[editar | editar a fonte]
  • Campionato Mancomunado Navarra-Guipúscoa-Aragón (1): 1939-40

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos amigables

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Real Zaragoza B.

O Real Zaragoza B é o equipo filial do Real Zaragoza. Fundouse no 1965 e xoga na Segunda División B.

  1. "Clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol". webprincipal.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  2. "O Club do Século de Europa". IFFHS. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  3. "Clasificación Mundial dos Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  4. "Clasificación histórica do Ranking Mundial de Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  5. "Enquisa CIS sobre equipos de fútbol". CIS. Consultado o 15 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]