Saltar ao contido

Windows XP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Windows XP
DesenvolvedorMicrosoft
Familia de S.O.Windows NT
Lanzamento25 de outubro de 2001
En galegoSi
Modelo de desenvolvementoSoftware non libre
NúcleoNT
Tipo de núcleoHíbrido
LicenzaMicrosoft CLUF EULA
Última versión estable5.1.2600.5512 Service Pack 3 (SP3) (x86) 20 de abril de 2008
Estado actualsen soporte técnico
Precedido porWindows ME
Sucedido porWindows Vista
Sitio webwww.microsoft.com

O Windows XP foi un sistema operativo de Microsoft lanzado o 25 de outubro de 2001. Foi a primeira versión do sistema operativo Windows que unía as versións domésticas (95, 98, ME) coas profesionais (NT). Por ese motivo é considerado por moitos como a maior actualización destes sistemas dende a saída de Windows 95. A sigla «XP» ven da palabra inglesa «experience» (experiencia). O seu nome chave inicial era Whistler.

En xuño do 2004, Microsoft en colaboración coa Xunta de Galicia sacou unha extensión que permite ter este sistema operativo en galego.[1]

Características novas

[editar | editar a fonte]

Windows XP introduciu novas características como:

  • Introduciu un ambiente gráfico máis agradable a dos seus predecesores.
  • Secuencias máis rápidas de inicio e de hibernación.
  • Capacidade do sistema operativo de desconectar un dispositivo externo, de instalar novas aplicacions e controladores sen necesidade de reinicia-lo sistema.
  • Unha nova interface de uso máis fácil, con ferramentas para o desenvolvemento de temas de escritorio.
  • Uso de varias contas, o que permite que un usuario garde o estado actual e as aplicacións abertas no seu escritorio e permita que outro abra unha sesión sen perder esa información.
  • ClearType, deseñado para que sexa máis lexible o texto en pantallas de cristal líquido (LCD) e monitores CRT de pantalla plana.
  • Escritorio remoto, que permite aos usuarios abrir unha sesión cunha computadora que funciona con Windows XP a través dunha rede, teniendo acceso a ficheiros, impresoras, e outros dispositivos.
  • Soporte para a maioría de módems ADSL e wireless, e o estabelecemento dunha rede FireWire.

Versións

[editar | editar a fonte]
  • Windows XP Home - Versión para uso doméstico.
  • Windows XP Professional - Versión destinada a usuarios profesionais.
  • Windows XP 64-Bit Edition - Para estacións de traballo baseadas en Intel Itanium.
  • Windows XP Media Center Edition - Versión para sistemas multimedios.
  • Windows XP Tablet PC Edition - Versión para ordenadores portátiles con sistema de reconecemento de escritura (Tablet PC).
  • Windows XP Embedded - Versión para integrar en sistemas electrónicos coma caxeiros, puntos de venda...
  • Windows XP Professional x64 Edition - Versión baseada en Windows Server 2003 para sistemas que teñen un procesador de 64 bits compatible coa familia x86 como o Athlon 64 de AMD ou Intel Pentium 4 con EM64T.
  • Windows XP Starter Edition - Versión reducida e limitada de Windows XP para venda en Asia e América do Sur.
  • Windows XP Home e Professional Edition N - Versións de Windows XP sen Windows Media Player.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]