Saltar ao contido

Toho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Toho Co., Ltd. (東宝株式会社 Tōhō Kabushiki-kaisha?) é unha compañía xaponesa de distribución de cine e teatro. A súa sede está en Yūrakuchō, Chiyoda, e é unha das compañías principais de Hankyu Hanshin Toho Group. Fóra do Xapón, é coñecida por ser a produtora e distribuidora de moitos filmes kaiju (monstro) e tokusatsu (efectos especiais), os filmes de Akira Kurosawa e os filmes de anime de Studio Ghibli. A súa creación máis famosa internacionalmente é Godzilla, coñecido como o "Rei de tódolos monstros", protagonista de 29 filmes. Godzilla, Mothra, Rei Ghidorah, Mechagodzilla e Rodan son descritos como os "Cinco grandes" de Toho debido ás numerosas aparicións destes monstros nas diferentes áreas da franquía, así como en spin-offs. As súas subdivisións son Toho Pictures Incorporated, Toho International Company Limited, Toho E. B. Company Limited, Toho Music Corporation e Toho Costume Company Limited. A compañía é o maior accionista (7.96%) de Fuji Media Holdings Inc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]