Taurinos
Os taurinos ou Taurini eran unha antiga tribo celta-ligur que ocupaba o val superior do río Po, no centro do actual Piemonte. Segundo Polibio, a súa capital recibía o nome de Taurasia. Aínda que non foi posible situala arqueoloxicamente, suponse que ocupaba o lugar do actual Turín.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da cidade provén da raíz indíxena Tauro (monte), cuxo uso se estendeu entre os antigos romanos para designar tamén o pobo que o habitaba. O vocábulo confundiuse posteriormente co latino Tauro (touro), que hoxe en día segue sendo símbolo da cidade de Turín.
Historia
[editar | editar a fonte]Taurini Semigalli proxima gens erat in Italiam degresso.
Os Taurinos Semigalos eran o pobo máis próximo (a Haníbal) cando chegou a Italia.Tito Livio, Ab Urbe condita libri XXI, 38
No 218 a. C. Haníbal atacounos como parte das esixencias do seu tratado cos insubres, con quen se encontraban en guerra desde facía tempo. Conquistou finalmente a súa capital, Taurasia, tras tres días de asedio.[1]
Apenas son citados posteriormente na Historia como pobo independente. No 27 a. C. establécese o campamento romano de Castra Taurinorum ("Fortaleza dos taurinos"), que posteriormente recibiría o nome de Iulia Augusta Taurinorum (Xulia Augusta dos Taurinos).
Tanto Livio (v. 34) como Estrabón (iv. p. 209) mencionan a entrada a un paso nos Alpes no país dos taurinos, o que suxire un uso máis estendido do nome en tempos antigos, confundíndose coa rexión xeográfica que habitaban.
(os galos) cruzaron os Alpes a través dos Taurinos e os desfiladeiros de XuliaTito Livio, Ab Urbe condita libri V, 34
Notas
[editar | editar a fonte]- Chisholm, Hugh, ed. (1911). "cómpre nome do artigo". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés).
- Polibio de Megalópolis. Trad. e notas de M. Balasch Recort. Intr. de A. Díaz Tejera. Rev.: J. M. Guzmán Hermida (1990). Historia Universal Bajo la República Romana. Libros I-IV. Madrid:Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-0082-3.
- Smith, William (editor); Dictionary of Greek and Roman antiquities, [1], Boston. Reimpresa en Londres por: C. Little, and J. Brown, 1870 (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La invasión gala de Italia, en celtiberia.net