Trazo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Trazo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.019 (2023) (29,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 101,82 km² | ||||
Altitude | 320 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Josefina Suárez López | ||||
Eleccións municipais en Trazo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15687 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15086 | ||||
Sitio web | concellodetrazo.es | ||||
Trazo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3.301 habitantes (3.557 no 2006, 3.617 no 2005, 3.652 no 2004, 3.728 en 2003).
Censo total 2014 | 3.301 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 270 (8.18 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.011 (60.92 %) |
Maiores de 65 anos | 1.020 (30.9 %) |
Evolución da poboación de Trazo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.640 | 4.458 | 5.409 | 5.005 | 3.652 | 3.498 | 3.472 | 3.433 | 3.343 | 3.301 | 3263 | 3190 | 3186 | 3148 | 3113 | 3013 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O relevo ten aspecto de meseta ondulada sen grandes contrastes e lixeiramente inclinada cara ao sur, por onde descorre o Tambre. As máximas alturas atópanse ao norte, en Pedras Negras (462 metros) e Berdieiras (507 metros). Hai unha serie de vales, regados todos por pequenos ríos, como o Restande e de Lengüelle.
As precipitacións medias anuais son moi abundantes e as temperaturas son suaves, cunha media de 12 °C; non hai importantes oscilacións térmicas, xa que os veráns son temperados e os invernos non moi fríos.
Situación e comunicacións
[editar | editar a fonte]Sitúase a 19 quilómetros ó norte de Santiago de Compostela, aínda que afastado das vías de comunicación máis frecuentadas. A estrada que comunica ambas é a que parte da C-545, de Santiago a Santa Comba, a catro quilómetros da primeira. Esta estrada entra no municipio de Trazo atravesando o río Tambre por Ponte Albar.
Despois de unirse á de Ordes a Portomouro, percorre diagonalmente todo o concello e empalma en Ordes (15 quilómetros) coa N-550 de Santiago á Coruña. A distancia a capital da provincia por esta ruta é de 36 quilómetros. Os municipios cos que limita Trazo son os de Santiago polo sur, Tordoia ó norte, Val do Dubra ó oeste e Oroso ao leste.
Economía
[editar | editar a fonte]Trazo é un concello eminentemente rural, a súa economía baséase principalmente no sector primario. Dentro das actividades económicas cabe destacar a importancia das labores agropecuarias, moi modernizadas, e orientadas a gandaría cun amplo número de explotacións, que sufriron un gran proceso de modernización, para adaptarse ás novas demandas que o gando vacún require, tanto para a súa explotación leiteira como cárnica.
Historia
[editar | editar a fonte]A existencia de castros como o de Lestrobe (Benza) e o de Chaián, no que en 1883 se atoparon 25 muíños de man, máis sete fornos e unha galería romana, con armas e ferramentas nas súas proximidades, fai presumila presenza humana nestas terras como mínimo dende a época castrexa[1].
As terras do actual municipio de Trazo pertenceron á xurisdición de Montaos. Esta xurisdición existía polo menos desde o século XII e figura por primeira vez nunha doazón de Afonso VII á mitra compostelá datado 31 de maio de 1124. Nela establécense os límites desde Ponte Sigüeiro ao monte Xalo, incluíndo practicamente todas as parroquias do concello. Os Bermúdez de Montaos, descendentes ou sucesores dos poderosos condes de Traba, exerceron este señorío, tendo como lugares principais Montaos (Ordes) e Lestrobe, na parroquia de Benza. Neste lugar posuían unha impresionante fortaleza, pero o abandono e o tempo acabaron con ela.
Coa fin do Antigo Réxime e a proclamación da Constitución de 1812 creouse o concello de Montao, que foi suprimido cando Fernando VII derogou o devandito texto constitucional en 1823. Coa recuperación definitiva do municipalismo en 1835, quedou constituído o termo de Trazo[1].
Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]Entre o patrimonio civil do concello destaca o Pazo de Vilacoba. Este pazo naceu como unha torre defensiva no século XV. Foi ademais construída por Don Alfonso Alborxa Escudero, cuxo sepulcro descansa na igrexa de Restande, na súa tumba ora “falleceu no ano de 1400”[2]. Por herdanza de seus pais Antonio de Leis Moscoso e Ponte e a súa muller María Pardo de Andrade, chega á casa o segundo fillo, o cóengo da catedral de Santiago, Juan de Leis e Andrade, quen sería o que remata a casa tal e como hoxe se ve[2].
Destacan os templos de San Pedro de Benza e de San Xoán de Campo, ámbolos dous de estilo románico. É digna de mención a igrexa de Santa María de Chaián tamén construída a finais do século XII ou comezos do XIII e reformada posteriormente no ano 1676[1]. Outros exemplos son a igrexa de Santa Eufemia de Vilouchada de planta de cruz grega e con columnas xónicas na fachada; a de San Cristovo de Xavestre do século XVII; a capela de San Xosé de Oa en Xavestre ou a ermida de Auga Santas na Polveira[1].
No eido da arquitectura popular cómpre mencionar a ponte de Albar en Xavestre, de cantaría con cinco arcos de medio punto, e o conxunto de muíños de mediados dos século XVII que se estenden ó longo do curso do río da Chonia, ó seu paso pola parroquia de Xavestre[1].
Escudo de Trazo
[editar | editar a fonte]O escudo do concello de Trazo consiste nun castelo e un lobo pasante en prata sobre un fondo de sinople timbrados de coroa real pechada.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Trazo.
-
Campanario e Igrexa de Berreo.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Trazo
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trazo vexa lugares de Trazo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Tomo XLII. Ed. El Progreso. 2005. pp. 144–145. ISBN 84-87804-23-3.
- ↑ 2,0 2,1 "Concello de Trazo. Patrimonio civil". 2018. Arquivado dende o orixinal o 12/08/2020. Consultado o 12/08/2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trazo |