Saltar ao contido

Xeración do 36

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xeración de 1936»)
Este artigo refírese á Xeración do 36 de poetas galegos, non confundir coa Generación del 36 de escritores en castelán.

A Xeración de 1936 estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950.

Ó comezo estes escritores consideráronse herdeiros da Xeración Nós de 1925, pero máis adiante foron desenvolvendo as súas propias liñas creativas. As súas principais liñas poéticas foron o clasicismo, o intimismo, o ruralismo e o hilozoísmo. A súa maior contribución á literatura galega foi a poesía socialrealista, poesía de carácter social cuxo maior representante foi Celso Emilio Ferreiro.

Autores destacados e obras da xeración de 1936

[editar | editar a fonte]

Aquilino Iglesia Alvariño

[editar | editar a fonte]

Aquilino Iglesia Alvariño foi o único membro da xeración que non cultivou a poesía socialrealista, porén a súa obra principal Cómaros verdes foi unha das máis importantes da xeración. En Cómaros Verdes a paisaxe convértese no núcleo principal da obra, sendo empregada como pretexto para a expresión dos sentimentos ou como descrición.

A obra remata cunha serie de odas onde fai unha homenaxe a tódolos grandes poetas (galegos ou non) do pasado.

Álvaro Cunqueiro

[editar | editar a fonte]
Díxenlle á rula: Pase, miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.

A pesar de que foi nos tempos da preguerra cando máis cultivou a súa poesía vangardista, foi na década dos anos 50 cando Álvaro Cunqueiro publicou Herba aquí ou acolá, obra cumio da súa carreira e da poesía galega do século XX. A obra estrutúrase en dúas partes: As Historias, onde recrea personaxes históricos e literarios, e Vellas sombras e novos cantos onde publica os seus versos máis melancólicos, xa cando presaxia a súa morte.

Celso Emilio Ferreiro

[editar | editar a fonte]

Celso Emilio Ferreiro é considerado un dos mellores poetas da xeración de 1936 e o maior representante da socialrealista. As súas obras máis importantes, encadradas na xeración son: O soño sulagado, Obra de crítica social e poesía intimista onde mostra a súa saudade polo paraíso perdido identificado coa súa nenez en Celanova; Longa noite de pedra, Obra de denuncia social contra a opresión franquista; Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir, obras onde fai un axuste de contas con determinados sectores da emigración galega en Caracas pola súa falta de interese pola cultura galega e o mal trato os seus compatriotas; e Onde o mundo se chama Celanova constitúe o seu último poemario publicado en vida, nel dedica os seus derradeiros poemas á súa muller Moraima.

Outros autores

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]