Zwan
Zwan | |
---|---|
Orixe | Estados Unidos, |
Período | 2001 - 2003 |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Reprise Records |
Membros | Billy Corgan Matt Sweeney David Pajo Paz Lenchantin Jimmy Chamberlin |
Artistas relacionados | The Smashing Pumpkins, Slint, A Perfect Circle, Chavez |
Na rede | |
http://www.archive.org/search.php?query=collection%3Aetree%20AND%20%2Fmetadata%2Fcreator%3A%22Zwan%22 | |
Zwan foi un supergrupo estadounidense de rock alternativo liderado por Billy Corgan e formado por este despois da separación de The Smashing Pumpkins. A súa vida foi bastante curta, formouse no ano 2001 e separouse no 2003, despois de editar un único álbum, Mary Star of the Sea.
Historia
[editar | editar a fonte]Despois do fin de The Smashing Pumpkins a finais do ano 2000, Billy Corgan e Matt Sweeney (anteriormente en Chavez e Skunk) decidiron formar unha nova banda, despois dunha vella promesa que se fixeran anos atrás. Dos Smashing Pumpkins tamén se lles uniu o batería Jimmy Chamberlin, e Sweeney recrutou a David Pajo (Slint, Papa M., Stereolab), estreándose os catro a finais do ano 2001. Paz Lenchantin (A Perfect Circle) completou a formación na primavera de 2002, encargándose do baixo e pasando Pajo a facer funcións de guitarrista.
O grupo comezou realizando actuacións por California, e aos poucos comezaron unha xira por locais pequenos durante o 2001 e o 2002. O seu primeiro gran concerto foi en maio dese último ano no Jamboree Festival, na zona de Chicago. Moitos dos temas tocados nesa época non aparecerían no seu posterior álbum. Nos meses de novembro e decembro pasarían a tocar en clubs grandes do medio oeste e o nordeste dos Estados Unidos e realizaron varios concertos como abreconcertos de Counting Crows.
En 2003 lanzaron o seu único disco, Mary Star of the Sea, que obtivo unha decente aceptación pola crítica. Acompáñarono os sinxelos de "Honesly" e "Lyric" cos seus respectivos vídeos. Unha edición especial do disco foi lanzada xunto cun DVD dunha hora de duración con cancións, entrevistas e escenas da gravación do disco.
Máis tarde, ese mesmo ano, a banda separaríase alegando conflitos internos.
Membros
[editar | editar a fonte]- Billy Corgan: guitarra e voz. Membro fundador de The Smashing Pumpkins.
- Matt Sweeney: guitarra. Membro fundador das bandas Chavez e Skunk. Tamén tocou con Cat Power, Guided by Voices e Will Oldham/Bonnie "Prince" Billy.
- David Pajo: guitarra. Fundador de Slint e Papa M. Tocou tamén con Tortoise, Stereolab, Royal Trux e Will Oldham/Bonnie "Prince" Billy.
- Paz Lenchantin: baixo. Tocou en A Perfect Circle, Papa M e The Silver Jews.
- Jimmy Chamberlin: batería. Membro de The Smashing Pumpkins.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Mary Star of the Sea - 2003 (Warner)