Saltar ao contido

curso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
  • Pronuncia: /ˈkuɾ.so̯/ (AFI)

Substantivo masculino

[editar]

curso (sg: curso; pl: cursos)

  1. Deixar de vivir unha persoa.
    • Exemplo: Meu avó materno finou onte á idade de oitenta anos.

  2. Movemento dun líquido que segue unha determinada dirección, e tamén a propia masa do líquido en movemento.
    • Exemplo: O curso das augas dun río. Un río é un curso de auga.

  3. Camiño ou liña que leva un corpo en movemento ou algo que evoluciona.
    • Exemplo: Seguir o curso do río. O curso dos acontecementos.

  4. Paso ou sucesión continua do tempo, considerado unha certa duración ou período.
    • Exemplo: Imos envellecendo co curso dos anos. O curso das estacións.

  5. Uso ou circulación de certa cousa que se considera válida ou vixente nun momento dado.
    • Exemplo: Palabras en curso A peseta está fóra de curso.

  6. Período de tempo durante o que se desenvolve a actividade nun centro de ensino.
    • Exemplo: O curso empeza en setembro.

  7. Ensino dun conxunto de leccións dunha materia determinada.
    • Exemplo: Cursos de baile. Cursos de galego para estranxeiros.

  8. Cada un dos niveis nos que se estrutura o ensino dun conxunto determinado de materias nun período de tempo.
    • Exemplo: Cuarto curso de carreira. Cursos superiores.

  9. Tratado de certa materia de ensino.
    • Exemplo: Curso completo de gramática.

  10. (Coloquial) Ano, cu.
    • Exemplo: Introducir un supositorio polo curso.

Termos relacionados

[editar]

curso postoperatorio, dar curso, dar libre curso, de curso legal, en curso, no curso de, pasar curso