Saltar ao contido

corola

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «corola».
Unha corola de roseira brava.
  • Pronuncia: /ko.ˈɾo.la/ (AFI)

Substantivo feminino

corola (sg: corola; pl: corolas)

  1. (Botánica) Segundo verticilo das flores completas, formado polos pétalos, xeralmente de belas cores, e situado entre o cáliz e os órganos sexuais (estames e pistilos).
    • Exemplo: A corola atrae aos insectos, que facilitan a polinización.

Termos relacionados

corola actinomorfa, corola irregular, corola regular, corola zigomorfa