Saltar ao contido

flor

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «flor».
Flores
  • Pronuncia: /ˈfloɾ/ (AFI)

Substantivo feminino

flor (sg: flor; pl: flores)

  1. (Botánica) Órgano ou reunión de órganos reprodutivos das anxiospermas, caracterizado xeralmente por ter cores vivas e, con frecuencia, cheiro agradable. As diferentes especies vexetais presentan formas, tamaños e disposicións moi variables, podendo agrupar os elementos masculinos (estames) e femininos (ovario) ou ben incluír un só dos elementos.
  2. Por extensión, planta que produce flores, especialmente cando se destina a decoración.
  3. Substancia que se forma na superficie de certos líquidos como producto da súa descomposición.
  4. (Figurado) Parte máis valorada dunha cousa, dun tempo ou dun conxunto.

Expresións relacionadas

Traducións

Definición 1:


Resto das definicións:


Castelán

Substantivo feminino

flor (sg: flor; pl: flores)

  1. (Botánica) Flor.


Catalán

Substantivo feminino

flor (sg: flor; pl: flors)

  1. (Botánica) Flor.


Portugués

Substantivo feminino

flor (sg: flor; pl: flores)

  1. (Botánica) Flor.