Saltar ao contido

B.B. King

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de setembro de 2019 ás 11:42 por Nachonion (conversa | contribucións) (Non é As Vegas, senón Las Vegas, polo que o artigo non se pode contraer coa preposición "en".)

Modelo:Artista musical Riley B. King nado en Itta Bena, Mississippi, o 16 de setembro de 1925, e finado o 14 de maio de 2015 en Las Vegas, foi un cantante e guitarrista de blues.

Traxectoria

Inicios

Nado nunha *cachoupa nunha plantación de cotón preto de Berclair, foi criado pola súa avoa materna Elnora Farr en Kilmichael. Adquiriu unha cultura musical básica no coro de gospel da igrexa baptista desa localidade. Traballou como condutor de tractores.

Comezou de guitarra no Famous St. John's Quartet en Inverness, tocando en igrexas e en radios comarcais

Popularidade

En 1947, B. B. King gravou con RPM Records en Los Angeles. Un dos seus descubridores e produtores foi Sam Phillips, quen máis adiante fundaría a fundamental Sun Records.

En febreiro de 1952, acadou o seu primeiro número un no Billboard Rhythm and Blues co tema 3 O'Clock Blues, a partir daí encadeou unha serie de sucesos de vendas, todos eles ligados ao blues e caracterizados polo xeito singular de tocar a súa guitarra Lucille. Asemade, emprendeu xiras con numerosas actuacións por todo o país. Chegou a crear o seu propio selo discográfico: Blues Boys Kingdom. Máis adiante gravaría para ABC, MCA, Reprise/Warner Bros. e Virgin/EMI.

Moi recoñecido polas novas figuras brancas do Rock e do Blues, dende Elvis Presley a U2, pasando polos The Rolling Stones e Eric Clapton, acadou un premio Grammy polo tema The Thrill is Gone, gañou sona internacionais con espectáculos por todo o mundo, incluída Galicia e pertence ao Blues Hall of Fame e ao Rock and Roll Hall of Fame.