Saltar ao contido

Sicorax (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de decembro de 2020 ás 21:32 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.7)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Sicorax
Descubrimento[1]
Descuberta por Philip D. Nicholson,
Brett J. Gladman,
Joseph A. Burns,
John J. Kavelaars
usando o telescopio Hale
Descuberta en 6 de setembro do 1997
Características orbitais
Radio orbital medio 12.179.000 kms[2]
Excentricidade 0,5224
Período orbital 1288,28 d
Inclinación 159° (respecto da eclíptica))[3]
é satélite de Urano
Características físicas
Radio medio 75 km (estimado)[3][4]
Área superficial ~70.000 km² (estimada)
Volume ~1.800.000 km³ (estimado)
Masa ~2,3 x 1018 kg (estimada)
Densidade media 1,3 g/cm3 (asumida)
Gravidade superficial ~0,040 m/s2 (estimada)
Velocidade de escape ~0,064 km/s (estimada)
Período de rotación 3,6 h[5]
Oblicuidade da eclíptica ?
Albedo 0,04 (asumido)[3]
Temperatura superficial ~65 K (estimada)
Magnitude aparente 20,8 (V)[6]

Sicorax é a lúa retrógrada irregular máis grande de Urano. Sicorax foi descuberta o 6 de setembro do 1997, xunto con Calibán, por Brett J. Gladman, Philip D. Nicholson, Joseph A. Burns, e John J. Kavelaars usando o telescopio Hale de 200 polgadas e recibiu a designación temporal de S/1997 U 2.[1]

Designada tamén coma Urano XVII, foi máis tarde bautizada co nome de Sicorax, a nai de Calibán, na obra de William Shakespeare, A tempestade.

Sicorax segue unha orbita distante, a máis de 20 veces máis distancia da que separa Urano da súa lúa regular máis afastada, Oberón.[1] A súa órbita e retrógrada, moderadamente inclinada e excéntrica. Os parámetros orbitais suxiren que poida que, xunto con Setebos e Próspero, pertenzan a un mesmo conxunto de lúas cunha orixe común.[7]

O diagrama ilustra os parámetros orbitais dos satélites irregulares de Urano (en coordenadas polares) coa excentricidade das órbitas representadas polos segmentos que se estende dende o pericentro ó apocentro.

Características físicas

[editar | editar a fonte]
Satélites retrógrados irregulares de Urano

O diámetro Sicorax está estimado en 150 km (asumindo un albedo de 0,04)[3][4], facendo dela a lúa irregular máis grande de Urano, comparable en tamaño con Puck e con Himalia, a lúa irregular máis grande de Xúpiter.

O satélite semella ter unha cor vermella no espectro visible (índices de cor B–V = 0,87 - V–R = 0,44,[8] - B–V = 1,01 - V–R = 0,48,[9] - B–V = 0,839 ± 0,014 - V–R = 0,531 ± 0,005[5]), máis vermello cá Himalia pero por debaixo da meirande parte dos obxecto do cinto de Kuiper. Subliñar que o espectro infravermello tornase azul entre 0,8 e 1,25 μm e finalmente tornase neutral con lonxitudes de onda maiores.[6]

O período de rotación de Sicorax está estimado en 3,6 horas. A rotación causa variacións periódicas da magnitude visible cunha amplitude de 0,07.[5]

Ó redor de Sicorax existe a teoría de que podería ser un corpo capturado. Non se formou no disco de acrección, o cal existía ó redor de Urano, xusto despois da formación do planeta. O mecanismo de captura é descoñecido, pero capturar unha lúa require a disipación de enerxía. O posible proceso de captura incluiría: o arrastre do gas do disco protoplanetario, varios corpos interactuando e a captura durante o rápido proceso de aumento da masa de Urano.[3][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gladman; Brett J.; Nicholson, Philip D.; Burns, Joseph A. e o seu equipo. (1998). "Discovery of two distant irregular moons of Uranus". Nature 392: 897–899. doi:10.1038/31890. 
  2. Jacobson, R.A. (2003) URA067 (28 de xuño do 2007). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 23-01-2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Scott S. Sheppard; David C. Jewitt, Jan Kleyna (2005). "An Ultradeep Survey for Irregular Satellites of Uranus: Limits to Completeness" (PDF). The Astronomical Journal 129 (1): 518–525. doi:10.1086/426329. Arxiv:astro-ph/0410059. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 19-09-2009. Consultado o 20-10-2009. Table 3 ... ri (km) ... 36 ... i Radius of satellite assuming a geometric albedo of 0.04. 
  4. 4,0 4,1 JPL (Solar System Dynamics), ed. (20-12-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 10-03-2009. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Maris, M.; Garraro, G.;Parisi, M.G. (2007). "Light curves and colours of the faint Uranian irregular satellites Sycorax, Prospero, Stephano, Setebos, and Trinculo". Astronomy&Astrophysics 472: 311–319. doi:10.1051/0004-6361:20066927. 
  6. 6,0 6,1 Romon, J.; de Bergh, C.; Barucci, M.A. e o seu equipo. (2001). "Photometric and spectroscopic observations of Sycorax, satellite of Uranus". Astronomy&Astrophysics 376: 310–315. doi:10.1051/0004-6361:20010934. 
  7. Grav; Tommy; Holman, Matthew J. (2004). "Photometry of irregular satellites of Uranus amd Neptune". The Astrophysical Journal 613: L77–L80. doi:10.1086/424997. Arxiv : astro-ph/0301016. 
  8. Rettig, Terrence W.; Walsh, Kevin; Consolmagno, Guy (2001). "Implied Evolutionary Differences of the Jovian Irregular Satellites from a BVR Color Survey". Icarus 154: 313–320. doi:10.1006/icar.2001.6715. 
  9. Maris, Michele; Giovanni Carraro, Gabrielle Cremonese, Marco Fulle (maio do 2001). "Multicolor Photometry of the Uranus Irregular Satellites Sycorax and Caliban". The Astronomical Journal 121 (5): 2800–2803. doi:10.1086/320378. Consultado o 14-09-2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]