Ɛ
Aparencia
O épsilon latino ou e aberto ( Ɛ, ɛ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino. Está baseada na letra grega épsilon.
Uso
[editar | editar a fonte]- No Alfabeto Fonético Internacional o símbolo [ɛ] representa a vogal semiaberta anterior, como en galego “terra” ([ˈtɛra̝]).[1]
- Forma parte do alfabeto africano de referencia[2] representando o mesmo fonema, polo que aparece como letra en máis dun cento de linguas africanas[3] coma o aja,[4] o ewe,[5] o kpelle[6] ou o kabiyé.[7]
- Emprégase no chipewyan cando se escribe co alfabeto latino.[8]
- No bérber escrito en alfabeto latino emprégase para representar a consoante aproximante farínxea sonora antigamente representada cun acento circunflexo. Escolleuse esta letra pola súa semellanza coa letra árabe ‘ayn ( ع ).[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega (ed.). "Dicionario de pronuncia da lingua galega". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2018. Consultado o 9 de febreiro de 2014.
- ↑ "African Reference Alphabet". Consultado o 3 de febreiro de 2014.
- ↑ LLACAN (ed.). "Systèmes alphabétiques des langues africaines". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2014.
- ↑ LLACAN (ed.). "Langue : adja". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2006. Consultado o 9 de febreiro de 2014.
- ↑ LLACAN (ed.). "Langue : eʋe". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 9 de febreiro de 2014.
- ↑ LLACAN (ed.). "Langue : kpelle". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 9 de febreiro de 2014.
- ↑ "Apprendre l’alphabet kabiyè". Consultado o 9 de febreiro de 2014.
- ↑ Omniglot (ed.). "Chipewyan". Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ Centre de Recherche Bereber – Inalco, ed. (1996). "Propositions pour la notation usuelle a base latine du bereber" (PDF). Consultado o 9 de febreiro de 2014.