Saltar ao contido

Conversa usuario:213.60.41.113

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 213.60.41.113 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --HombreDHojalata conversa 23:39, 3 abril 2010 (UTC)

Contribucións

[editar a fonte]

É interesante que fagas contribucións como as que fas no artigo Albanelaría, en xeral os artigos que tocan temas relacionados coa arquitectura e a construción están necesitados dunha pequena revisión que os mellore. Se cadra ti poderías animarte a animar ti mesmo o artigo, que seguro que gañaría. E se aínda por riba te animases a rexistrarte e puidésemos usar contigo un alcume, mellor aínda. Saúdos. --Xoacas(góstache o pemento?) 21:21, 5 abril 2010 (UTC)

Tres pailáns e unha bruxa

[editar a fonte]

Podes indicar a referencia do título en galego? Non o atopo na Lista de filmes en galego. Se non está traducido, cómpre manter o orixinal. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:46, 11 de abril de 2010 (UTC)

Violacións de licenza

[editar a fonte]

Ola.

Por favor, ten en conta que a licenza GFDL baixo a que están os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia. Tes información de como facelo en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias.

Saúdos e a seguir traballando --. HombreDHojalata.conversa 09:38, 26 de abril de 2010 (UTC)

O antedito serve para Presidente do Congreso dos Deputados de España. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:06, 25 de novembro de 2010 (UTC) Non dixen nada Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:24, 25 de novembro de 2010 (UTC)

Provincias de Italia

[editar a fonte]

Ola, estás a facer un gran traballo coas provincias italianas. Con todo, se fas un par de cousiñas manterase o estilo xeral da wikipedia e aforraremos traballo despois:

  • Antes de meter as ligazóns ás webs das provincias crea un separador, dentro de Véxase tamén, que sexa ===Ligazóns externas===.
  • Categoriza cara arriba, non ao mesmo nivel. É dicir, a provincia de Potenza está dentro da categoría provincias de Basilicata e provincias de Italia, pero non en provincia de Potenza.

E máis nada, bo traballo! --Xabier Cid Conversa 10:34, 7 de agosto de 2010 (UTC)

Departamentos

[editar a fonte]

Ola, :) Cando non se producen casos de homonimia, é mellor deixar Alto Paraná no seu sitio, e non crear unha páxina que sexa Departamento de Ato Paraná. Un saudiño.--Xabier Cid Talk, please 18:34, 18 de agosto de 2010 (UTC)

Parabéns

[editar a fonte]

Polo traballo, usuario anónimo. Anímote a que te rexistres.

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 06:59, 25 de setembro de 2010 (UTC)