Agnus Dei
Aparencia
Agnus Dei é unha expresión latina que significa 'Año de Deus', usada orixinalmente pola teoloxía cristiá para referirse a Xesús Cristo como salvador da humanidade, ao ofrecerse en sacrificio polos pecados dos homes, a semellanza do año sacrificado polos xudeus durante a conmemoración da Pascua.
Simboliza a san Xoán Bautista que se representa vestido cunha pel de carneiro ou sostendo un año sobre o libro dos Evanxeos, ás veces cunha cartela na que aparece Ecce agnus Dei.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Representación do Agnus Dei.
-
Xoán o Bautista, detalle dun baldaquino da igrexa de San Román de Santiso (Lalín).
-
Xoán o Bautista, na igrexa de San Xoán de Calo (Teo).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agnus Dei |