Saltar ao contido

Ascetismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O filósofo meditando, de Rembrandt.

Denomínase ascetismo ou ascética (do grego ἄσκησις, áskēsis, "exercicio" ou "formación"), á doutrina filosófica e relixiosa que busca purificar o espírito por medio da negación dos praceres materiais ou abstinencia; ao conxunto de procedementos e condutas de doutrina moral que se basea na oposición sistemática ao cumprimento de necesidades de diversa índole que dependerá, en maior ou menor medida, do grao e orientación de que se trate.

En moitas tradicións relixiosas, a ascética é un modo de acceso místico.

A maioría dos sistemas ascéticos desdeñan as necesidades fisiolóxicas do individuo por consideralas de orde inferior.

En Occidente, as primeiras doutrinas ascéticas xurdiron na antiga Grecia. Porén, este tipo de prácticas xa eran milenarias en Oriente.

O ascetismo acadou a súa maior difusión ao incorporarse a sistemas relixiosos como o budismo, o cristianismo e o islam.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.