Saltar ao contido

Baixorrelevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baixorrelevo do templo de Kom Ombo (Exipto).

O baixorrelevo é unha técnica escultórica para confeccionar imaxes ou inscricións nos muros que se consegue remarcando os bordos do debuxo e tallando as figuras, rebaixando lixeiramente o muro, sobresaíndo o "fondo" ao redor da figura, obténdose un efecto tridimensional.

Esta técnica, foi concibida e profusamente utilizada con mestría no Antigo Exipto, onde unha vez erixidos os muros e pilonos dos templos, un artista, bo coñecedor do canon de perfil e as proporcións sacras, procedía a debuxar o perímetro das figuras e os trazos principais, ata os xeroglíficos que describían a escena; unha vez rebaixado o contorno, e tallado o interior das figuras, pintábase todo o conxunto en vivas cores.