Saltar ao contido

Cándido Comesaña Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCándido Comesaña Álvarez
Biografía
Nacemento1872 Editar o valor en Wikidata
Santo André de Comesaña, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Reboreda, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónzapateiro, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 12236

Cándido Comesaña Álvarez, nado en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1872 e finado en Redondela o 22 de setembro de 1936, foi un zapateiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zapateiro en Coruxo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado no punto quilométrico 3 da estrada Redondela-Fornelos (actual PO-250), na parroquia de Reboreda, o 22 de setembro de 1936. Foi soterrado no cemiterio dos Eidos de Redondela.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Concepción Comesaña.