Código postal
O código postal está composto por unha serie de caracteres que se inclúen nos enderezos postais para facilitar e axilizar o servizo de correos. Normalmente, os códigos son unha serie de díxitos, mais algúns estados tamén empregan letras.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A República Federal de Alemaña foi o primeiro país do mundo en introducir o sistema de códigos postais, a comezos dos 60. Pouco despois tamén seguiría o mesmo exemplo os estadounidenses.
A gran maioría de servizos postais estatais do mundo utilizan este método. Algúns lugares alleos a este sistema son Irlanda, Xibraltar ou Hong Kong.
Os códigos postais adoitan designar unha área xeográfica concreta, mais ás veces ese non é o caso, e pode referirse a unhas institucións, cadeas de televisións ou organismos oficias, que reciben grandes lotes de correo.
Códigos postais do mundo
[editar | editar a fonte]Códigos postais alfanuméricos
[editar | editar a fonte]A maior parte dos códigos postais son só numéricos. Mais, úsanse códigos alfanuméricos (de letras e números) en Andorra, Ecuador, Bermudas, Brunei, Canadá, Malta, Países Baixos, Perú, Reino Unido e Venezuela.
Código postal en Portugal
[editar | editar a fonte]Os códigos postais portugueses, dos Correios de Portugal, constan de 7 díxitos que forman dous grupos diferenciados, o primeiro de catro números, e o segundo de tres, separados por unha raia e seguidos dunha designación postal de 25 caracteres como máximo. É un sistema bastante eficaz, pois o propio código postal direcciónanos a un edificio concreto.