Saltar ao contido

Gamela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha gamela é unha embarcación costeira pequena, que se usa na pesca de baixura ou como embarcación auxiliar doutra maior. Ten a proa e a popa chatas, e o fondo plano. As dimensións varían dende 1,5 m de eslora e 0,8 m de manga das auxiliares máis pequenas ata os 5 m de eslora e 2 m de manga que ten a gamela da Guarda.

Este tipo de embarcación xeralmente manéxase a remo, aínda que existen variantes a vela, coma a gamela coruxeira que evolucionan cunha vela de religa.

Actualmente a zona da popa vese modificada para poder incorporar un pequeno motor fora borda.

A feitura das gamelas obedece á necesidade dunha embarcación costeira, auxiliar das mais grandes, que permita mover mercancía e persoas en zonas de moi pouco calado, como baixíos e praias. O fondo plano permite sacar da auga a embarcación nas praias con moi pouco esforzo, para deixala fóra do alcance das mareas.

Gamela coruxeira

[editar | editar a fonte]

A gamela coruxeira é unha gamela que evoluciona a vela, típica da ría de Vigo (áreas de Vigo, Coruxo, Nigrán e Baiona). A feitura é moi similar á gamela a remos tradicional, pero que posúe un mastro a un terzo da proa que sostén unha vela de relinga. A popa dispón dun temón de grandes dimensións que actúa ademais como orza, evitando o abatemento propio das embarcacións a vela.

Gamela da Guarda

[editar | editar a fonte]

A gamela da Guarda é unha das embarcacións tradicionais de Galicia máis antigas que se coñecen. Xeralmente de 5 metros de eslora e 2 m de manga, habitualmente era construída en madeira de piñeiro para facela máis liviá.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Echenique, Iñigo (2000). Madeira de mar. Apuntes sobre a gamela. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-378-6. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]