Gangsta rap
Gangsta rap | |
---|---|
Orixe musical | Música Hip hop e Hip hop hardcore |
Orixe cultural | 1985, Os Ánxeles, California e Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos |
Subxéneros | |
Drill, Trap e Road trap | |
Xéneros de fusión | |
G-funk, música Mobb | |
Gangsta rap ou gangster rap, inicialmente chamado reality rap,[1] xurdiu en 1986 nos Ánxeles como un controvertido subxénero da música hip hop cuxas letras afirman a cultura e os valores típicos das bandas urbanas estadounidenses.[2] Moitos rapeiros gangsta fan alarde das asociacións coas bandas de rúa reais, especialmente dos Crips e dos Bloods.[3] Os pioneiros do rap gangsta inclúen Schoolly D de Filadelfia e Ice-T dos Ánxeles, que posteriormente se expandiría con artistas como N.W.A, Tupac Shakur e o Notorious BIG. En 1992, a través do produtor discográfico Dr. Dre, o rapeiro Snoop Dogg e o seu son G-funk ampliaron a popularidade do xénero.
O rap gangsta foi acusado de forma recorrente de promover condutas negativas e unha ampla criminalidade, especialmente asaltos, homicidios e tráfico de drogas, así como a misoxinia, a promiscuidade e o materialismo.[4] Os defensores do rap gangsta caracterízano como representacións artísticas esaxeradas, que non representan a vida real nos guetos estadounidenses, e que algunhas das letras son de raiba contra a opresión social ou a brutalidade policial, moitas veces acusaron aos críticos de hipocrisía e prexuízo racial.[4][5] Aínda así, o gangsta rap foi atacado mesmo por algunhas figuras públicas afroamericanas, como Spike Lee, o pastor Calvin Butts e a activista C. Delores Tucker.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Krims, Adam (2000). Rap Music and the Poetics of Identity. Cambridge University Press. p. 70. ISBN 9780521634472.
- ↑ C. Howell, James (2015). The History of Street Gangs in the United States: Their Origins and Transformations. Lexington Books. pp. 82–85. ISBN 9781498511339.
- ↑ Newton, Michael (2008). Gangs and Gang Crime. Infobase Publishing. ISBN 9781438117249.
- ↑ 4,0 4,1 Philips, Chuck (1992). "The Uncivil War: The battle between the Establishment and supporters of rap music reopens old wounds of race and class". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 2014.
- ↑ "Cam'ron on The O'Reilly Factor". youtube.com. Arquivado dende o orixinal o 2015. Consultado o 2015.