Grande Porto
Aparencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
NUTS 1 (pt) | Portugal continental | ||||
Rexión | Rexión Norte | ||||
Capital | Porto | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 817 km² | ||||
Código NUTS | PT114 | ||||
O Grande Porto é unha subrexión estatística portuguesa, parte da rexión Norte. Espinho pertence ao distrito de Aveiro, mais os restantes municipios pertencen ao distrito do Porto. Limita ao norte co Cávado, ao leste co Ave e o Tâmega, ao sur co Entre Douro e Vouga e o Baixo Vouga e ao oeste co océano Atlántico. Área: 817 km². Poboación (INE 31/12/2004): 1 472 176. Comprende 9 concellos:
- Espinho
- Gondomar
- Maia
- Matosinhos
- Porto
- Póvoa de Varzim
- Valongo, Portugal
- Vila do Conde
- Vila Nova de Gaia
A rexión NUTS III Grande Porto é distinta da Área Metropolitana do Porto, que conten estes e outros concellos, tales como Trofa, Santo Tirso e São João da Madeira, pertencentes a rexións estatísticas distintas.