Década de -50
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -I | |||||
| |||||
|
59 a.C.
- Artigo principal: -59.
- Caio Xulio César obtén o nomeamento de cónsul, e obtén por un período de cinco anos o goberno da Galia Cisalpina, é dicir o Norte de Italia, e da Galia Narbonense, así como da Iliria.
58 a.C.
- Artigo principal: -58.
Europa
- Xulio César comeza a conquista da Galia (até -51).
- Batalla de Bibracte: Xulio César vence os helvecios.
- César vence ao xefe galo Ariovisto en territorio da actual Alsacia.
- Tolomeo Auletes refúxiase onda Pompeio en Roma.
Oriente Próximo
- Berenice IV tórnase raíña de Exipto (até -55).
57 a.C.
- Artigo principal: -57.
Oriente Próximo
- Mitrídates III ascende ao trono parto (até -54).
- O procónsul romano, Gabinio, divide o territorio xudeu en cinco distritos, cuxo goberno outorga a notábeis locais.
Europa
- Guerra das Galias: César vence e subxuga os nervios e outros pobos belgas.
56 a.C.
- Artigo principal: -56.
- Xulio César vence sucesivamente os veneti, preto da foz do río Loira, e logo os aquitanos, ao Sur do río Garona.
55 a.C.
- Artigo principal: -55.
Oriente Medio
- Exipto - Acaba o reinado de Berenice IV, retomando o trono Tolomeo XII, con apoio romano.
- Batalla de Seleucia: O rei parto Mitrídates III é derrotado polo xeneral Surena, que actúa ao servizo do aspirante ao trono, e irmán do derrotado, Orodes (Worod).
Europa
- Maio - Xúlio César aniquila os usípetos, unha tribo xermana.
- Xuño- Xulio César cruza o río Rin en persecución de tribos xermanas.
- Agosto - César atravesa o Canal da Mancha e desembarca no Sueste de Britania. Retírase logo de certo tempo, tanto debido ao mal tempo, como á noticia de que os galos están preparando novas accións.
- Xuño- Xulio César cruza o río Rin en persecución de tribos xermanas.
54 a.C.
- Artigo principal: -54.
Oriente Próximo
- Comeza o reinado de Artabaces II rei de Armenia (até -34), sucedendo a Tigranes II, falecido o ano anterior.
- Mitrídates III de Partia, refuxiado en Babilonia, é capturado polo seu irmán Orodes e executado. O novo rei parto é Orodes II (até -37).
- Ctesifonte convértese na capital da Partia.
Europa
- Guerra das Galias: Levantamento dos eburóns, nervios, tréveros e outras tribos, rebelión que dirixe Ambiorix.
- César cruza por segunda vez o Canal da Mancha para tentar invadir Britania. Os britanos combáteno so a dirección de Casivelauno, mais a defección de cinco tribos aliadas, forzou ao xefe britano a renderse a César.
Arte e cultura
- O orador romano Cicerón publica "Sobre a República" (De Republica).
53 a.C.
- Artigo principal: -53.
Oriente Próximo
- 9 de xuño - Batalla de Carrhes: o exército parto aniquila o exército romano mandado por Craso. Este é asasinado días despois nunha entrevista co xeneral parto Surena.
Europa
- A morte de Craso obriga a romper o triunvirato, que formaba con Pompeio e Xulio César.
- Guerra das Galias:
52 a.C.
- Artigo principal: -52.
Asia Oriental
- Inicio do reinado de Narayana, monarca Kanva de Magadha, sito na curso medio e baixo do río Ganxes, na India (até -40).
Oriente Próximo
- Guerra civil en Persia entre Mitrídates III e Orodes II.
Mundo Mediterráneo
- 27 de setembro - César toma a cidade de Alesia, defendida por Vercinxetórix, acabando co levantamento dos galos.
- Pompeio é designado polo Senado romano como cónsul único, con pleno poder para impor a paz fronte os mercenarios.
Arte e cultura
- Defensa de Milón por Cicerón, anos máis tarde publicado como Pro Milone.
51 a.C.
- Artigo principal: -51.
- Soben ao trono de Exipto, como co-reis, Cleopatra VII (17 anos) e Tolomeo XIII Diónisos (10 anos), sucedendo a Tolomeo XII Auletes.
Arte e cultura
- Cicerón publica o ensaio De Repubica.
- Xulio César acaba os Comentarios sobre a Guerra das Galias.
50 a.C.
- Artigo principal: -50.
- Os cónsules romanos dese ano outorgan o mando do exército a Pompeio para que defenda Roma de Xulio César, que entrou en Italia procedente das Galias.
Arte e cultura
- Data aproximada dos relevos escultóricos romano-ibéricos de Osuna, Sevilla, descubertos en 1903, hoxe gardados no Museo Arqueolóxico Nacional.