Drive Like Jehu
Drive Like Jehu | |
---|---|
Drive Like Jehu en 2014 | |
Orixe | San Diego (California), |
Período | 1990 - 1995 2014 - presente |
Xénero(s) | post-hardcore, emo, math rock |
Selo(s) discográfico(s) | Cargo, Headhunter, Merge, Interscope, Swami |
Membros | Rick Froberg Mike Kennedy John Reis Mark Trombino |
Artistas relacionados | Pitchfork, Night Soil Man, Rocket from the Crypt, Back Off Cupids, Hot Snakes, Sultans, Obits, The Night Marchers |
Na rede | |
http://drive-like-jehu.com/ | |
Drive Like Jehu é unha banda estadounidense de post-hardcore procedente de San Diego (California). Formárona en 1990 o guitarrista e vocalista Rick Froberg e o guitarrista John Reis tras a separación do seu grupo Pitchfork, e nela tamén estaban o baixista Mike Kennedy e o batería Mark Trombino. A súa música caracterizábase por composicións multiseccionadas, patróns de guitarra entrelazados, construcións orquestradas e melodías elípticas que producían un distintivo son entre outros grupos de post-hardcore e tivo efecto na evolución do hardcore punk cara ao emo.[1]
Tras publicar o seu epónimo álbum de estrea en 1991 a través dos selos locais Cargo Music and Headhunter Records, Drive Like Jehu asinou un contrato con Interscope Records xunto coa outra banda de Reis, Rocket from the Crypt. O seu segundo traballo, Yank Crime (1994), conseguiu un seguimento de culto, pero o grupo separouse pouco despois.[1] Reis continuou con Rocket from the Crypt e Trombino converteuse nun exitoso produtor discográfico e enxeñeiro de son, mentres que Froberg e Kennedy seguiron carreiras fóra da músia.[1] Dende 1999 a 2005 Reis e Froberg reuníronse en Hot Snakes, e Reis reeditou Yank Crime a través do seu selo Swami Records.[1] No ano 2014 Drive Like Jehu reuniuse para realizar varios concertos.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Drive Like Jehu | 1991 | Cargo, Headhunter |
Yank Crime | 1994 | Interescope |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Huey, Steve. Allmusic, ed. "Drive Like Jehu". Consultado o 17 de febreiro de 2017.