Eifelland
Nome completo | Team Eifelland Caravans |
---|---|
Bandeira | Alemaña |
Baseada en | |
Tempadas en activo | 1972 |
Número de pilotos | Rolf Stommelen |
Debut | Gran Premio de Suráfrica de 1972 |
Carreiras | 8 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Austria de 1972 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Eifelland foi un equipo alemán de Fórmula 1, o nome da empresa alemá de fabricación de caravanas propiedade de Guenther Hennerici. Guenther dono dun negocio caravanas moi exitoso viu unha gran posibilidade de facer publicidade do seu produto de caravanas. O nome Eifelland foi elixido polas montañas Eifel onde naceu Hennerici, que se atopan preto de Nürburgring.
Guenther tiña un irmán xemelgo Heinz, que perdera o seu brazo esquerdo na segunda guerra mundial. Guenther e Heinz estaban moi involucrados nas carreiras en xeral. A terceira esposa de Guenther Hannelore Werner foi unha exitosa piloto de Fórmula 2, e o neto de Heinz, Marc Hennerici foi un piloto moi exitoso. Heinz foi unha figura popular en todo Nürburgring ata a súa morte.
Guenther e Heinz eran uns apaixonados do vello estilo de carreiras e Guenther debe ser recordado como un dos pioneiros e visionarios dos modernos directores de carreiras alemás con todos os seus defectos .
Eifelland só participou no Campionato do Mundo da FIA de Fórmula Un na tempada 1972. O seu piloto era o alemá Rolf Stommelen. Pero, os dous pronto sufriron desacordos.
O coche baseábase nun March 721 de Fórmula Un, redeseñado polo deseñador alemá Luigi Colani no seu típico estilo aerodinámico redondeado. O coche ofrecía unha toma de aire diante do condutor, guiando o aire ao redor da cabina para o motor. Un só espello retrovisor montouse xusto a dereita do condutor. Os problemas de temperatura, a carga aerodinámica e a fiabilidade significaron que o equipo tivo que substituír algúns dos deseños de Colani coas pezas orixinais de March.
Resultados completos en Fórmula 1
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1972 | Eifelland Type 21 | Ford V8 | G | ARX | RSA | ESP | MON | BEL | FRA | RU | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | 0 | NC | |
Rolf Stommelen | 13 | Ret | 10 | 11 | 16 | 10 | Ret | 15 |
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- F1 rejects article about the teamArquivado 28 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
- Forix article
- Results from Formula1.com
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eifelland |