Eurostopodus
Eurostopodus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eurostopodus argus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Eurostopodus é un xénero de aves da orde dos caprimulxiformes, familia dos caprimúlxidos, un dos dous integrados na subfamilia dos eurostopodinos, da que é o seu xénero tipo.[1][2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descito en 1838 polo naturalista e ornitólogo inglés John Gould,[2][3] na súa obra A synopsis of the birds of Australia, and the adjacent islands.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Eurostopodus está formado pola unión dos elementos Eurosto- e -podos, ambos os dous tirados do grego antigo εύρωστος eúrōstos, "forte", e πούς poús, "pé", respectvivamente.[4]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero foi coñecido tamén polos sinónimos:[2]
- Eurostopus Sundevall, 1873
- Eurystopodus Wiegmann, 1838
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende as seguintes sete especies:[2][3]
- Eurostopodus archboldi (Mayr & Rand, 1935)
- Eurostopodus argus E. J. O. Hartert, 1892
- Eurostopodus diabolicus Stresemann, 1931
- Eurostopodus exul Mayr, 1941
- Eurostopodus mystacalis (Temminck, 1826)
- Eurostopodus nigripennis E. P. Ramsay, 1882
- Eurostopodus papuensis (Schlegel, 1866)
Distribución
[editar | editar a fonte]As especies deste xénero habitan en Australia Indonesia, Nova Guinea, illas Salomón e Nova Caledonia.
Características
[editar | editar a fonte]Este xénero distínguse dos caprimúlxidos do Vello Mundo por careceren de longas serdas na base dos peteiros, e tamén mostra algunhas características que non comparten coas subfamilias dos caprimulxinos e dos cordeilinos, como teren un tamaño maior ou a presenza variábel de penachos na cabeza (cristas), xuvenís con plumaxe avermellada, períodos de incubación longos e ovos con manchas de cor marrón-vermella e negra.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Subfamily Eurostopodinae Sibley et al., 1988 en Zoonomen. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Eurostopodus Gould, 1838 no GBIF. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Eurostopodus Gould, 1838 na BioLib. Consultada o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ Great-eared Nightjar Eurostopodus macrotis en ogaclicks.com, 2019.
- ↑ Holyoak, D. T. (2001): Nightjars and their Allies. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-4987-1
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cleere, Nigel & Nurney, David (1998): Nightjars: A Guide to the Nightjars, Frogmouths, Potoos, Oilbird and Owlet-nightjars of the World. Londres: Christopher Helm. ISBN 1-8734-0348-8.
- Sibley, C. G., Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L., Jr (1988): "A classification of living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". Auk 105: 409-423. (Texto completo).