Saltar ao contido

Ferrovial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrovial
Logo
TipoSociedade anónima
Data de fundación1952
Fundador(es)Rafael del Pino
Presidente/aRafael del Pino Calvo-Sotelo (pt) Traducir (2000-) Editar o valor en Wikidata
Director/aIgnacio Madridejos
Nº de empregados95.978 (2018) Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaBAA Limited, Amey Ltd, AGS Airports, Budimex e Cintra
SedeMadrid
EnMadrid
PaísPaíses Baixos e España
40°26′37″N 3°40′43″O / 40.4436105, -3.6785648
Na rede
https://www.ferrovial.com/
Twitter: ferrovial Instagram: ferrovial BNE: XX92646 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ferrovial S.E. é unha empresa multinacional que opera no sector das infraestruturas do transporte e da mobilidade, a través de catro divisións: Autoestradas, Aeroportos, Construción[1] e Infraestruturas Enerxéticas e de Mobilidade.[2]

En abril de 2023 a xunta xeral de accionistas aprobou unha fusión entre a matriz, Ferrovial, S.A. (como entidade absorbida), e Ferrovial International SE (como sociedade absorbente), filial ao 100% de Ferrovial domiciliada nos Países Baixos que xa era titular do 86% dos activos da compañía, o que supuxo o traslado da sede da matriz do grupo dende España aos Países Baixos.[3] Á vez, informouse á Comisión Nacional do Mercado de Valores que pedirá a admisión a negociación das accións de Ferrovial International SE en Euronext Ámsterdam e nas Bolsas e Mercados Españois para a súa negociación a través do SIBE, para posteriormente solicitar a admisión a negociación nunha das bolsas de valores dos Estados Unidos de América.[4][5]

O sector das autoestradas desenvolve, financia e opera peaxes en estradas coma a 407 ETR, North Tarrant Express, LBJ Express, Euroscut Azores, I-66, I-77, NTE35W.

O sector dos aeroportos desenvolve e executa os aeroportos de Heathrow, Glasgow, Aberdeen e Southampton.

O sector da construción deseña e realiza obras públicas e privadas tales como estradas, autoestradas, aeroportos e edificios.

O sector das infraestruturas enerxéticas e de mobilidade encárgase da xestión de proxectos de enerxías renovables e servizos de mobilidade urbanos.[6]

A división de servizos foi vendida a finais do 2021[7] á sociedade xestora de capital risco Portobello capital.[8] Ferrovial está presente en máis de 9 países onde operan as súas liñas de negocio.[9][10]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]